MEDIO AMBIENTE
O Concello recolle as árbores de Nadal
Como cada ano, rematado o Nadal, a Concellaría de Medio Ambiente, en colaboración con Protección Civil, pon en marcha unha campaña para a recollida das árbores de Nadal. Os cidadáns poden facer uso deste servizo ata o 16 de xaneiro.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Vinte e dúas empresas benefícianse das axudas para novos negocios da Concellaría de Promoción Económica
Ata 22 proxectos empresariais beneficiaranse da liña de Axudas para a creación de novas empresas da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Esta convocatoria enmárcase no programa de promoción do emprendemento Compostela Activa 2008, que ten como obxectivo axudar a aquelas persoas que queiran desenvolver un novo proxecto empresarial no Concello de Santiago.
FESTAS
Catro mil cincocentos millóns de xoguetes e un agasallo especial: a liberación de José Cendón
Os nenos e nenas de Compostela non faltaron á súa cita cos Reis Magos e compartiron con eles unha tarde chea de ilusións. As súas Maxestades chegaron cargadas de xoguetes e con un agasallo moi especial nesta ocasión: a liberación do fotógrafo galego José Cendón.
SANIDADE E EDUCACIÓN
Continúan os talleres de cociña de "Comer cos cinco sentidos", do Proxecto Thao
No marco do Proxecto Thao para fomentar hábitos saudables de alimentación, seguen a desenvolverse os talleres de cociña do programa didáctico "Comer cos cinco sentidos".
FESTAS
Nove carrozas e máis de 200 figurantes encherán de cores e ilusións as rúas compostelás na Cabalgata de Reis
O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentou as actividades previstas para a Cabalgata de Reis. As súas Maxestades chegarán, un Nadal máis e xa van 41, en tren, para logo dirixirse á praza do Obradoiro percorrendo diversas rúas e prazas da cidade.
OBRAS
O barrio de Fonte do Ouro recupera a súa fonte e estrea calzada, beirarrúas e aparcadoiro
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou as obras de urbanización do barrio de Fonte do Ouro, cuxa primeira fase vén de rematar. Investíronse 225.687 euros nunhas obras que supuxeron a recuperación da fonte que da nome ao lugar, a recuperación do cauce do río, a creación de beirrarrúas e a dotación de diversos elementos urbanos.
TRANSPORTES
A liña 7 do transporte urbano entre San Roque e Aríns conta cun novo vehículo
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, fixo o percorrido entre San Roque e Aríns na estrea do novo autobús que cubre este liña de transporte urbano, a número 7. O Concello e a operadora de Transportes Mosquera apostan por unha clara mellora do servizo coa adquisición deste vehículo, que tivo un custo de 263.000 euros.
CULTURA
Xaneiro trae o comezo das edicións de 2009 de Sons da Diversidade e SCQ Danza
Presentouse a programación cultural de Compostela para o primeiro mes de 2009. Entre outras actividades, xaneiro é o mes no que comezarán as novas edicións de dous festivais xa clásicos, Sons da Diversidade e SCQ Danza.
CULTURA
Remata Todo Lírica 2008 cun concerto con sabor galego
Remata Todo Lírica 2008 cun terceiro recital con claro sabor galego, grazas á presenza de novo do pianista vigués Borja Mariño acompañando a Borja Quiza, novo barítono coruñés de 26 anos de idade, de crecente reputación e prometedora carreira internacional. O concerto será o sábado 3 de xaneiro no Teatro Principal.
CONSORCIO
O Concerto de Reis no Auditorio de Galicia será a beneficio da Fundación Meniños
O tradicional Concerto de Reis, o luns 5 de xaneiro ás 22:00 horas, no Auditorio de Galicia, terá un marcado carácter solidario. Os fondos recadados polo despacho de billetes desa noite serán entregados á Fundación Meniños, organización independente e sen ánimo de lucro que traballa polos dereitos da infancia en situación de dificultade social.