NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
A Navalla Suíza, Tórculo e Área Central, galardoados na novena edición do Premio Manuel Beiras
O Concello de Santiago de Compostela e a Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela entregaron os galardóns da novena edición dos Premios Manuel Beiras. Os gañadores foron A Navalla Suíza, Torculo e Área Central.
MERCADOS
Santiago preside a xuntanza anual da Asociación Española de Mercados de Gando
Carlos Nieves, concelleiro de Mercados, presidiu a xuntanza anual da Asociación Española de Mercados de Gando, ASEMGA, que se está a celebrar na localidade asturiana de Pola de Siero.
EDUCACIÓN
Agasallos para os pequenos ilustradores do Nadal de Compostela
Os gañadores do Concurso de Carteis e do Programa de Nadal, organizado pola Concellería de Educación, recibiron os seus agasallos nun acto celebrado en Raxoi e presidido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo. Os nenos recibiron así os seus primeiros regalos do Nadal, como premio a uns traballos que ilustrarán o cartel e o programa desta festas.
CULTURA
As poesías galega e portuguesa únense nun singular acto teatral na Zona "C"
Coa palabra na lingua. Concerto en dúas linguas para dous actores e un músico é o título da primeira produción da nova compañía compostelá Teatro Nu. A estrea terá lugar na Zona "C" os días 11 e 12 de decembro, ás 21:00 horas. A entrada é de balde ata completar aforo.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia ofrece un concerto ao Conservatorio de Santiago
Nunha iniciativa pioneira, a Real Filharmonía de Galicia ofrece o venres 12 un concerto dirixido aos alumnos e comunidade docente do Conservatorio Profesional de Música de Santiago, así como aos seus familiares. O concerto terá lugar no Auditorio de Galicia e estará dirixido polo mestre titular, Antoni Ros Marbà. Contará coa participación do pianista Jorge Federico Osorio.
ALCALDÍA
O alcalde reúnese con representantes veciñais para informalos sobre a entrada en vigor do PXOM
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo un encontro coa Asociación de Veciños do Rural que preside José María Juncal, para informalos da situación na que quedan os núcleos rurais de Santiago tras a aprobación definitiva do PXOM.
PLENO
O Pleno ratifica as ordenanzas fiscais para o ano 2009
Tras rexeitar o grupo de Goberno as alegacións presentadas polo PP e por unha compañía de telecomunicacións, o Pleno aprobou definitivamente as ordenanzas fiscais para o ano 2009. Cómpre recordar entre o máis salientable a conxelación da taxa do lixo, unha nova taxa para as empresas de telefonía móbil e a actualización das demais segundo o IPC.
CULTURA
Nut Teatro representa no Principal "A mirada de Pier"
Os días 11, 12 e 13 de decembro representarase no Teatro Principal A mirada de Pier, peza teatral que a compañía Nut Teatro. O espectáculo foi presentado en Raxoi pola concelleira de Cultura, Elvira Cienfuegos, e o director da obra, Carlos Neira.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Unha planta de compostaxe e un centro de beleza gañan o Concurso de Novas Ideas Empresariais
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou os seis proxectos premiados no Concurso de Novas Ideas Empresariais Compostela Activa 2008. Son Compostela Inserta Empresa de Inserción, OnTouch Nueva Tecnología Publicitaria, Comarca 54; Xinoé Centro de Beleza, C&B Asociados Consultoría Laboral Fiscal e Contable e Perruquería Karibú. Ao certame presentáronse 27 solicitudes.
CULTURA
O Auditorio acolle o V Curso de Formación da Banda Municipal de Música
O Auditorio de Galicia está a acoller, dende o 9 de decembro, o V Curso de Formación da Banda Municipal de Música, impartido polo mestre Andrés Valero-Castells.