OBRAS
As obras da rúa de San Pedro incluirán a substitución das redes de abastecemento de auga e de telecomunicacións
O Concello, a través dunha sesión extraordinaria da Xunta de Goberno, autorizou a redacción dun proxecto modificado das obras de reurbanización da rúa de San Pedro. Este cambio ten por obxecto a substitución das redes de abastecemento de auga e telecomunicacións, pois o comezo das obras revelou que estas presentan un deterioro que fai imposible a súa reutilización. Esta modificación non altera as condicións esenciais da licitación nin os prazos previstos.
CONSORCIO
A RFG presenta o seu último disco con obras do compositor Antón García Abril
A Real Filharmonía de Galicia presenta o 7 de agosto un novo traballo discográfico que inclúe tres pezas do compositor Antón García Abril, a quen o Instituto Cervantes, coa colaboración do Consorcio, rendeu unha homenaxe na capital galega no mes de xullo.
FESTAS
Ultreia, Brincadeira, Colexiata de Sar e Cantigas e Agarimos actuarán o sábado 7 de setembro na praza da Quintana
A Xornada do Folclore, suspendida nas festas do Apóstolo por mor do accidente ferroviario de Angrois, celebrarase o sábado 7 de setembro, a partir das 21:30 horas, na praza da Quintana, segundo anunciou o concelleiro de Festas, Francisco Noya. Ultreia, Brincadeira, Colexiata de Sar e Cantigas e Agarimos serán os catro grupos protagonistas, xuntando máis de 100 persoas enriba do escenario.
TURISMO
Concello e Hostalería reiteran a súa aposta pola nave 5 do Mercado de Abastos como escaparate gastronómico
A alcaldesa en funcións e concelleira de Turismo e Mercados, Reyes Leis, mantivo unha reunión en Raxoi con representantes da asociación Hostalería Compostela, co obxectivo de analizar o futuro da nave 5 do Mercado de Abastos.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Normalización Lingüística promove un obradoiro gratuíto de creación literaria
A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez, presentaron o Obradoiro de Creación Literaria, que se celebrará ao longo de varios sábados dos meses de setembro, outubro e novembro no Palacio de Bendaña (sede da Fundación Granell). Será impartido por Alicia Fernández.
EMPREGO
O paro baixou en xullo en termos interanuais por primeira vez dende marzo de 2008
No mes de xullo produciuse a primeira baixada interanual no número de persoas paradas en Santiago dende marzo de 2008, segundo os datos do Ministerio de Emprego. En xullo deste ano houbo 8.774 persoas rexistradas no paro na cidade, fronte as 8.865 que houbo no mesmo mes do ano pasado. Trátase dun descenso de 91 persoas, un 1,03% menos.
CULTURA
Clown e circo en "Verán na rúa"
En agosto e na primeira quincena de setembro, as rúas e prazas de Compostela encheranse coa cor dunha programación que inclúe propostas diferentes. Trátase de Verán na rúa, unha variada oferta da que poderá gozar especialmente o público infantil e familiar, que solo terá que coller un bo lugar para ver os diferentes espectáculos gratuítos, que tomarán de novo as rúas do casco histórico de Compostela de luns a venres. Unha refrescante oferta cultural que o mércores e o xoves trae...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Dúas mil cincocentas persoas participaron nas actividades de "Vive o verán 2013"
O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, fixo balance do programa Vive o verán 2013, novamente con grande éxito de participación. Esta proposta achegou ás familias de Compostela unha oferta de lecer sociocultural adaptada ao tempo do verán, en clave de actividades de tempo libre, gozando dos espazos naturais, rurais e urbanos de Compostela, e fomentando o compoñente máis social das relacións persoais.
URBANISMO
Autorizado o inicio das obras da cafetería e do estanque da Alameda
O Concello de Santiago, a través da súa Xunta de Goberno, vén de autorizar o inicio das obras da futura cafetería da Alameda. Esta intervención vai supor una transformación deste parque emblemático de Compostela. O Goberno local tamén deu o visto bo ao comezo das obras no estanque da propia Alameda.
PERSOAL
O Concello de Santiago selecciona director/a da Banda Municipal de Música
Vén de publicarse a convocatoria pola que o Concello de Santiago de Compostela seleccionará, polo sistema de libre designación, o posto de director/a da Banda Municipal de Música.