CENTROS SOCIOCULTURAIS
Alberte Momán gaña o Certame de Poesía "Aurelio Aguirre" e Diego Giráldez o de Relato Curto "José Saramago"
A VII edición do Certame de Poesía Aurelio Aguirre e a IX do Certame de Relato Curto "José Saramago" xa teñen gañadores. Son Alberte Momán Noval e Diego Giráldez García, respectivamente. O xurado destes certames, que organiza a concellaría de Cultura e Centros Socioculturais, reuniuse a finais de febreiro para comezar a analizar todos os textos recibidos. A entrega de premios farase, como nas outras edicións, nun acto cos gañadores que se celebrará nos vindeiros días.
TURISMO
Dez mil persoas visitan a exposición "Ao pé do lar" no Museo do Pobo Galego
A exposición Ao pé do lar, Memorias da Cociña, promovida por Turismo de Santiago co patrocinio de Galicia Calidade e a colaboración especial da Fundación Caixa Galicia, inaugurouse o pasado cinco de febreiro no Museo do Pobo Galego. Dende entón, 10.000 persoas teñen visitado a exposición.
ALCALDÍA
O alcalde compostelán destaca a disposición do Concello de 38 millóns de euros para investimentos en 2010
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, foi protagonista dun almorzo informativo no Hostal dos Reis Católicos no marco do Fórum Europa. Tribuna Galicia. No acto, presentado polo ex alcalde Xerardo Estevez, repasou diversos temas da actualidade de Santiago e Galicia.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Unha exposición recupera a "memoria gozosa" das Misións Pedagóxicas
O xoves 18, ás 20:00 horas, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurará na Casa das Asociacións a exposición As Misións Pedagóxicas 1931-1936. O acto servirá tamén para que os veciños de Compostela lle rendan unha homenaxe a Isaac Díaz Pardo.
FESTAS
San Lázaro saíra por primeira vez en procesión na Festa da Uña
Os días 20, 21 e 22 celebrarase no barrio de San Lázaro unha nova edición da tradicional Festa da Uña. Un ano máis poderase degustar este manxar, puxar polas uñas e participar nun intenso programa festivo. A novidade deste ano é que, por primeira vez, San Lázaro sairá en procesión dende a igrexa ata a explanada da festa, a carón do estadio de fútbol.
CONSORCIO
A USC impúxolle a súa Medalla de Ouro ao Consorcio de Santiago
A USC impúxolle a súa máxima distinción, a Medalla de Ouro da Universidade, ao Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela nun acto que presidiu o reitor Senén Barro no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. O alcalde e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, recolleu esta distinción, que se lle concede a persoas ou entidades que sobresaen dun xeito extraordinario pola súa contribución ao sostemento ou ao cumprimento dos fins da institución universitaria.
MEDIO AMBIENTE
O Concello celebra os días da Árbore e da Auga cunha plantación na Selva Negra
A Selva Negra e os escolares do CEIP Raíña Fabiola serán os protagonistas da plantación que todos os anos organiza o Concello de Santiago para conmemorar o Día da Árbore e o Día da Auga. Así o anunciou a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, na presentación das actividades que se realizarán neste 2010.
CONSORCIO
Un libro editado polo Consorcio recolle por primeira vez os fondos musicais do Seminario
Por primeira vez unha publicación fai inventario de todos os fondos documentais musicais que contén a actual Biblioteca de Estudos Teolóxicos de Galicia, situada no Seminario de San Martiño Pinario. Tratase de La música en el Seminario de Santiago, de Francisco Javier Fernández Places, obra editada polo Consorcio e que foi presentada polo alcalde e presidente do organismo, Xosé A. Sánchez Bugallo.
EDUCACIÓN
Educación anima aos pais a matricular os seus fillos no ensino público
A Concellería de Educación vén de por en marcha unha campaña informativa para dar a coñecer a todos os pais a oferta dos centros de ensino público do municipio. A iniciativa, baixo o lema "Elixe en positivo, ensino público" trata de fomentar a matrícula nuns centros públicos que ofrecen uns altos estándares educativos.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobada a convocatoria para acceder a espazos e recursos da Casa das Asociacións de Benestar Social
A Xunta de Goberno aprobou as bases, a convocatoria e os impresos de solicitude para o outorgamento de autorización de cesión de espazos e recursos da Casa das Asociacións de Benestar Social a entidades ou asociacións. Ademais, deuse o visto bo a diversos contratos relacionados con obras do Fondo Estatal para a Sostibilidade Local.