OBRAS
Obras de mellora nun tramo da travesía de Figueiras
O Goberno local aprobou o proxecto de obras de mellora e acondicionamento dun tramo da travesía de Santiago e Figueiras, entre os puntos quilométricos 3,52 e 4. Así mesmo, acordouse remitir á Deputación da Coruña a resolución favorable de Patrimonio Cultural para que a entidade provincial contrate as obras.
EDUCACIÓN
A concurso a xestión da Escola Municipal de Música
A Xunta de Goberno local aprobou os pregos de cláusulas administrativas e iníciase o expediente de contratación da xestión da Escola Municipal de Música. Unha vez rematado o actual contrato, realizarase outro, por un ano, prorrogable por outro máis.
BENESTAR SOCIAL
Visto bo municipal á terceira residencia pública de persoas maiores da cidade
O Goberno local deu conta do convenio de colaboración entre a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, o Concello de Santiago e a Fundación José Otero-Carmela Martínez, para a construción dunha residencia de persoas maiores dependentes en Santiago.
SANIDADE
O Refuxio de Bando ampliarase con dous novos módulos
Un convenio entre o Concello e a Xunta permitirá ampliar e mellorar o Refuxio de Bando con dous novos módulos. O Goberno municipal deu conta deste acordo, polo que a Dirección Xeral de Conservación da Natureza achegará 180.000 euros.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Nacen catro novas empresas no marco do Equal Compostela Social
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou catro novas empresas xurdidas no marco de Equal Compostela Social: Carnicería Camilo, Ela Interiorismo, Estanco de Cornes e Paco Rocha: fotografía. Dende a creación deste programa de fomento do autoemprego, en novembro do 2005, constituíronse 49 proxectos empresariais.
ALCALDÍA
A libraría Couceiro abre as súas portas en Cervantes
Despois de décadas no local da República de El Salvador e dun período transitorio no Hórreo, abre as súas portas na praza de Cervantes a libraría Couceiro. Dende o luns 23 está aberta ao público este establecemento, tan ligado á historia de Compostela.
FESTAS
Orishas presenta en Santiago o seu último traballo recompilatorio
A antesala do Día Grande de Galicia ven repleta de actividades organizadas para todos os públicos. A primeira cita do martes 24 será ás doce da mañá coa animación polas rúas de gaiteiros e o encontro de xigantes e cabezudos na Quintana. Xa pola tarde haberá unha nova xornada de Ferradura Aberta para os máis novos.
FESTAS
Cita nas rúas co Día do Traxe Galego
O concelleiro de Mocidade e Festas, Xosé Baqueiro; a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Pilar Domínguez; e un representante do Centro Comercial Compostela Hipercor, Francisco Díaz, presentaron en rolda de prensa a vixésimo novena edición do Día do Traxe Galego, que terá lugar dentro do marco das Festas do Apóstolo o xoves 26 de xullo.
TURISMO
O Fórum Gastronómico Santiago’08 xa conta cun Consello Asesor
O Fórum Gastronómico Santiago’08 vai ser a mediados de febreiro a cita ineludible para os profesionais da enogastronomía e para os amantes da boa mesa. Dedicado exclusivamente ás cociñas do Atlántico, este evento converterá a Compostela na capital do produto atlántico.
FESTAS
Un desfile pola cidade amosará a beleza, riqueza e artesanía do traxe galego
O concelleiro de Festas de Santiago, Xosé Baqueiro, e a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Pilar Domínguez, presentan o luns, 23 de xullo, a XXIX edición do Día do Traxe Galego. A celebración desta exaltación do tradicional traxe galego terá lugar o xoves, día 26 de xullo.