CEMITERIOS
Santiago xa ten tanatorio
O alcalde de Santiago de Compostela inaugurou o xoves 14 de setembro o novo tanatorio co que contará Santiago a partir de agora, situado ao lado do cemiterio de Boisaca.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Rocha estrea centro sociocultural
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto ao presidente da deputación de A Coruña, Salvador Fernández Moreda, inaugurou onte mércores 14 de setembro ás 20 horas o novo equipamento municipal.
PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO
Nace unha empresa de inserción laboral ao abeiro da concellería de Promoción Económica
A creación dunha nova empresa de limpeza e axuda a domicilio, que creará postos de traballo para mulleres que teñen dificultades para acceder ao mercado laboral, é froito da colaboración entre a concellería e a Plataforma polo Emprego que comezou hai máis dun ano.
PLAN ESTRATÉXICO
O Plan estratéxico aborda a súa última fase
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo esta mañá unha reunión co director do Plan Estratéxico, Luís Caramés, e o responsábel da UTE que leva a cabo o estudo, Ánxel Viña.
LIMPEZA
Urbaser estrea 34 novos vehículos
Os vehículos, que se presentaron o martes 13 na praza do Obradoiro, supuxeron un investimento de 7 millóns de euros.
CULTURA
Italia serve de inspiración para o VI Ciclo de Lied
Por sexto ano consecutivo, chega a Compostela o Ciclo de Lied, que baixo o título de "Un soño de Italia" traerá ao Teatro Principal algunhas das mellores pezas que este xénero musical inspirou en Italia, así como a inspiración que a poesía, a arte e as paisaxes italianas provocaron nos máis importantes autores do lied. Os abonos para os catro concerto deste ciclo, a un prezo de 15 euros, estarán á venda desde o 14 de setembro no Teatro Principal.
MULLER
As vítimas da violencia de xénero poderán solicitar un móbil no que as atenderán as 24 horas do día
Un servizo de teleasistencia móbil ao que vén de adherirse a Concellería da Muller, permitirá atender ás vítimas da violencia doméstica a través dun contacto permanente durante as 24 horas do día cun servizo de urxencias e con especialistas.
ALCALDÍA
O alcalde de Niterói visita o Concello
Sánchez Bugallo recibiu en Raxoi ao prefeito de Niterói, de visita na nosa cidade.
EDUCACIÓN
Os colexios de Santiago inician o curso escolar
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño xunto á conselleira de Educación, Laura Sánchez, o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Elvira Cienfuegos, inauguraron o inicio do curso escolar no colexio compostelán Lamas de Abade.
ALCALDÍA
Bugallo trasládalle a Touriño as prioridades da cidade no seu primeiro encontro oficial
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo durante arredor dunha hora, unha reunión co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. O novo xefe do executivo galego resaltou que este encontro co alcalde compostelán é o inicio dunha serie de entrevistas coas que pretende potenciar a rede de cidades de Galicia, co obxectivo de que funcionen dun xeito complementario, explicou.