ALCALDÍA
O Centro Cultural Xoán XXIII remodelarase para ser tamén centro de día
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao director da Asociación Centro Cultural-Social Xoán XXIII, Padre Frei Francisco J. Honrubia. Este informouno do proxecto para remodelar o centro e convertelo así tamén en centro de día.
ALCALDÍA
O alcalde visitou o lugar da Susana, onde se realizaron melloras no alumeado
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo un encontro cos veciños do lugar da Susana, ubicada na parroquia de Marrozos, cos que departiu sobre as súas demandas e as necesidades da zona. Durante a visita tamén comprobou o funcionamento do alumeado recentemente instalado.
ALCALDÍA
A estación intermodal terá capacidade para máis de oito millóns de viaxeiros
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentou o contido do convenio de colaboración entre o Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia, o Concello de Santiago de Compostela e o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) para a construción da estación do AVE. É o primeiro paso para lograr unha estación intermodal que terá capacidade para máis de oito millóns de viaxeiros anuais.
XUNTA DE GOBERNO
Obras no Camiño e nos centros socioculturais para completar a participación do Concello no fondo estatal
A Xunta de Goberno deu o visto bo aos restantes seis proxectos de obras que se financiarán grazas ao Fondo Estatal de Inversión Local e que serán remitidos ao Ministerio de Administracións Públicas. Estes proxectos súmanse aos 27 que se aprobaran na anterior Xunta de Goberno.
BENESTAR SOCIAL
A Concellaría de Muller promove o curso "A saúde a través da arte"
A concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, presentou esta mañá o curso A saúde a través da arte, que de desenvolverá no Centro Sociocultural de Fontiñas do 20 de xaneiro ao 10 de marzo. Este curso está destinado a aquelas mulleres que queiran vivir a arte como medio de expresión, crecemento e mellora persoal nun espazo aberto á participación e ao diálogo. A propia concelleira inaugurará estas sesións ás 19:30 horas en Fontiñas.
EDUCACIÓN
O Consello Municipal de Educación coñeceu a situación das escolas infantís en construción e o programa municipal de actividades
A sala circular do Auditorio de Galicia acolleu unha sesión ordinaria do Consello Municipal de Educación. Entre outras cuestións, os representantes educativos coñeceron de primeira man o estado das obras das dúas galescolas actualmente en construción, no Polígono do Tambre e en Tras Parlamento.
ALCALDÍA
Homenaxe a unha liña ferroviaria clave nas comunicacións de Galicia con Madrid
O Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche acolle a exposición "50 anos da liña de ferrocarril Zamora-Ourense-Santiago-A Coruña". A mostra quere resaltar así a efeméride dunha liña clave nas comunicacións ferroviarias entre Galicia e Madrid.
BENESTAR SOCIAL
A Asociación Qu Yuan promoverá unha aula de chinés para nenos e nenas en Compostela
A concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, amadriñou á recentemente creada Asociación Educativo Cultural Qu Yuan (ACEQU), na súa presentación pública. Esta entidade sen ánimo de lucro está promovida por varias familias adoptantes en China. Ten como fin fomentar o coñecemento da lingua e da cultura chinesa polos nenos e nenas.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica e Caixa Galicia organizan un curso sobre plans de empresa e microcréditos
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e Xosé Luis Liñares, xestor de Microcréditos da Obra Social Caixa Galicia, presentaron o curso gratuíto Como elaborar un plan de empresa para solicitar un microcrédito. Trátase dunha acción de formación e asesoramento personalizado para o autoemprego e a creación de empresas ,dirixida a persoas emprendedoras cunha idea de negocio que precisen financiamento. O curso enmárcase no programa de fomento do emprendemento...
ALCALDÍA
O alcalde mantivo o seu encontro anual cos voluntarios de Protección Civil
Como todos os anos, o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, ceou cos voluntarios de Protección Civil para agradecerlles o servizo que prestan de forma desinteresada, non so á veciñanza compostelá, senón aos que visitan a cidade, xa sexa como turistas ou como peregrinos.