EIXO ATLÁNTICO

O Eixo Atlántico concede os premios da VII Bienal de Pintura

20/03/2006

O gravador Xabier de Sousa é o gañador da VII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico, nesta edición na que se presentaron 102 obras creadas por artistas naturais ou residentes en Galicia e Norte de Portugal, nas que predominou un alto nivel artístico.

Leer más

PARQUES E XARDÍNS

Santiago celebrará o Día da Árbore e o da Auga na Quinta de Brandía

17/03/2006

Rapaces de colexios de Rial, Laraño, Feáns, Villestro e Roxos serán os encargados de plantar árbores de sete especies arbóreas diferentes o día 22 de marzo, con motivo da celebración do Día da Árbore (21 de marzo) e da Auga (22 marzo), organizado polas concellerías de Parques e Xardíns e Educación e Mocidade.

Leer más

RELACIÓNS VECIÑAIS

A Casa do Asociacionismo estará funcionando dentro dun ano

17/03/2006

As entidades asociactivas de Compostela terán dentro dun ano unha sede común para poder reunirse e traballar. Será a Casa do Asociacionismo, que presentou o concelleiro de Relacións Veciñais, Manuel Portas, e que estará na antiga estación ferroviaria de Cornes.

Leer más

ALCALDÍA

O Nobel de Física Heinrich Rohrer visita o Concello

16/03/2006

Con motivo do inicio do ciclo de conferencias Conciencia, que traen a Santiago a prestixiosos científicos, moitos deles premios nóbeis, Heinrich Rohrer, Premio Nobel de Física en 1986, visitou a Casa do Concello, onde foi recibido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Leer más

FUNDACIÓN GRANELL

Un libro achega a memoria compostelana de Eugenio Granell

15/03/2006

O 16 de marzo ás 20 horas no primeiro andar do pazo de Bendaña sede da fundación Granell terá lugar a presentación das "Memorias de Compostela. Visión orlada de estrellas, islas, árboles y antorchas"", a obra literaria de Eugenio Granell onde evoca a cidade que lle serviu de marco á súa infancia e adolescencia, e que é testemuña muda da conformación do seu carácter libertario, curioso e profundamente creativo.

Leer más

EDUCACIÓN E MOCIDADE

Inaugúrase a exposición de Andrea Costas

14/03/2006

O mércores 15 de marzo terá lugar a inauguración da exposición de Andrea Costas Lago, á que asistirá o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto á concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, e que recolle o proxecto fotográfico gañador da 3ª Bolsa de Creación Fotográfica convocada polo Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago e o Centro de Estudos Fotográficos.

Leer más

EDUCACIÓN E MOCIDADE

Os centros escolares celebran o Ano Mozart

13/03/2006

O departamento de Educación e Mocidade promove un ciclo de concertos comentados de música clásica nos centros escolares promovidoso, co obxecto propiciar un achegamento máis directo á interpretación e ao coñecemento dos instrumentos musicais.

Leer más
Compartir: