TURISMO
Axentes de turismo de Filipinas elixen Santiago como fin de seu paso por España
Alcalá de Henares e Santiago de Compostela, ambas integrantes do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, foron os destinos elixidos por un grupo de axentes de turismo e xornalistas filipinos para o inicio e escala final dun percorrido cultural por España.
EDUCACIÓN
Santiago celebra o Día Europeo da Música
O martes 21 de xuño celébrase o Día Europeo da Música. O evento central do mesmo terá lugar na praza do Toural a partir das 19:45 horas, coincidindo con diferentes actuacións das escolas de música participantes. O alcalde e a concelleira de Educación en funcións participarán no acto.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Dúas mesas de diálogo analizarán a diferenza de xénero na produción artística e na investigación na Casa das Asociacións
As xornadas Que ves cando me ves? (www.quevescandomeves.org) propoñen para esta semana dúas mesas de diálogo que pretenden dotar de rigor as ideas e cuestións relacionadas coa análise da diferenza de xénero como categoría.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Éxito de participación na xornada central de "Que ves cando me ves?"
A praza Roxa de Santiago acolleu, baixo o lema rescatado do maio do 68, "A beleza está na rúa", diferentes actividades cun eixo común: impulsar a visibilidade da muller na produción cultural galega e implicar aos cidadáns e cidadás. A xornada insírese no programa Que ves cando me ves? (www.quevescandomeves.org).
CONSORCIO
O Consorcio entrega á Universidade o novo edificio do Museo de Historia Natural
Unha vez rematadas as obras de construción do novo edificio do Museo de Historia Natural, o Consorcio de Santiago e a Universidade asinan o acordo polo cal o Consorcio de Santiago, propietario do inmoble, cédelle o seu uso á Universidade, para o seu funcionamento como Museo de Historia Natural. O Consorcio de Santiago asumiu a financiación e construción do novo edificio, que supuxo unha inversión total de 3.909.280 euros.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo, satisfeito pola consolidación de Lavacolla como o aeroporto de maior crecemento dentro da súa categoría
O alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, expresou a súa satisfacción polos datos de maio do aeroporto de Lavacolla, feitos públicos por AENA. Polo aeródromo compostelán pasaron durante este mes 212.364 pasaxeiros, situando nun 53,29% a cota de mercado no sistema aeroportuario galego e marcando un crecemento do 25,9% respecto ao mesmo período do ano anterior.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
"Que ves cando me ves?" celebra o seu evento central nunha carpa na praza Roxa
Haberá estampación de serigrafías e gravados, contacontos, instalación, performance, stands con publicacións e un micrófono aberto á participación do público, ademais da "Muller Express".
CULTURA
Recital de piano de Haruna Takebe
A pianista, que vive en Compostela desde o ano 2009, interpretará pezas de Claude Debussy e Frédèric Chopin. O concerto, no que estará acompañada dun quinteto de corda, comezará ás 21.00h e ten unha duración aproximada de unha hora e corenta minutos.
ALCALDÍA
Recepción á Asociación de Empresarios de Aluguer de Grúas de Servizo Público
O alcalde compostelán en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi á xunta directiva da Asociación de Empresarios de Aluguer de Grúas de Servizo Público.
EDUCACIÓN
As escolas musicais da cidade saen á rúa con motivo do Día Europeo da Música
Coincidindo coa chegada do verán, o 21 de xuño celébrase unha nova edición do Día Europeo da Música. Con tal motivo, as escolas municipais da cidade saen á rúa para amosar o seu traballo a través dun amplo programa de actividades musicais do 20 ao 25 de xuño.