SEGURIDADE E MOBILIDADE
Os voluntarios de Protección Civil seguen colaborando activamente na boa marcha das actividades das Festas do Apóstolo
Un ano máis, os voluntarios de Protección Civil de Santiago están colaborando nas diversas actividades das Festas do Apóstolo. Así o fixeron nos Fogos, na Ofrenda ou nos concertos da praza Quintana.
FESTAS
La banda del camión e Riff Raff en concerto dentro do programa de Festas do Apóstolo
Na xornada do martes 29, no programa de Festas do Apóstolo, a variedade está servida con dous grupos galegos: La Banda del Camión e Riff Raff. Co primeiro gozaremos do rock&roll ao máis puro estilo, interpretando en clave de humor e de xeito moi interactivo co público os seus retrousos pegadizos e, no caso de Riff Raff, sorprenderannos as súas versións de temas de AC/DC. O concerto comezará ás 22:00 horas na praza da Quintana e a entrada é libre ata completar o aforo.
ALCALDÍA
O Concello recibe 227.000 euros da Deputación para o Plan de Competitividade Turística e o Festival Curtocircuíto
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, e o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asinaron dous acordos polos que a capital galega recibirá 227.000 euros, destinados ao Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto e ao Plan de Competitividade Turística. O rexedor agradeceu o "compromiso" da institución provincial con Santiago, que se concreta neste acordos e noutros que se asinarán proximamente, como o que permitirá a construción dun novo campo de herba artificial en...
ALCALDÍA
Agustín Hernández convidou os padroneses a vivir o seu día nas Festas do Apóstolo
Como cada ano por estas datas, as Festas do Apóstolo dedican unha xornada á Padrón, tradición que tamén se repite á inversa nas festas de Pascua da vila veciña. Foi ocasión para lembrar os lazos históricos que unen a Santiago e a Padrón e para renovar os compromisos de colaboración en diversas materias.
PATRIMONIO
A Volta a España, con chegada en Santiago, terá o Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade entre os seus patrocinadores
O Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España e a Volta a España asinaron en Alcalá de Henares un convenio polo que a entidade que reúne as 15 cidades españolas inscritas na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO se convirte en Patrocinador Oficial da Volta nas súas edicións de 2014 e 2015. A edición deste ano rematará en Santiago de Compostela o 14 de setembro cunha etapa contra o reloxo polas rúas da cidade.
FESTAS
A Banda Municipal de Música ofreceu un repertorio de composicións galegas no seu segundo concerto das Festas do Apóstolo
A Banda Municipal de Música, dirixida por Juan Miguel Romero Llopis, ofreceu un novo concerto dominical na rúa do Vilar, desta vez no marco das Festas do Apóstolo. O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a concelleira de Cultura e Patrimonio, María Antón, asistiron ao recital.
FESTAS
XXXVI edición do Torneo de Chave
As concelleiras María Antón e María José Corral asistiron á segunda e última xornada da XXXVI edición do Torneo de Chave "Festas do Apóstolo", celebrada no paseo da Ferradura, na Alameda. Probaron a súa destreza coa chave e presidiron logo a entrega de trofeos.
FESTAS
Xogos para todos na praza Roxa
As Festas do Apóstolo incluíron nesta xornada de domingo unha programación especial destinada aos máis pequenos. A concelleira Marta González achegouse ata a praza Roxa para compartir cos rapaces e cos non tan rapaces esta sesión lúdica de xogos populares.
FESTAS
A Real Filharmonía de Galicia interpretou a Dvoràk e Rossini nun concerto na praza da Quintana con agasallos incluídos
A praza da Quintana acolleu un concerto especial da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Paul Daniel. O alcalde compostelán, Agustín Hernández, e varios concelleiros asistiron ao evento, incluído na programación das Festas do Apóstolo.
FESTAS
As Festas do Apóstolo acolleron unha Xornada de Cultura Urbana
A concelleira de Servizos Sociais e Xuventude, María José Corral, non quixo perderse a Xornada de Cultura Urbana organizada por Vella Escola. A praza Rodrigo de Padrón acolleu as diversas actividades, incluídas no programa das Festas do Apóstolo.