CULTURA
Espello Cóncavo estrea "Anxeliños", de Roberto Vidal Bolaño, no Teatro Principal
A Casa do Concello acolleu a presentación da peza teatral Anxeliños, que porá en escena a compañía Espello Cóncavo, a partir do texto orixinal de Roberto Vidal Bolaño. No acto interviron a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e máis o director e actores protagonistas da obra.
MEDIO AMBIENTE
As Vías Verdes, protagonistas dun foro
A concelleira do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos, presentou o Foro de Iniciativas e Experiencias en Vías Verdes, que se celebrará na cidade o 22 de outubro. O Foro, que está organizado pola propia Concellaría e polo programa Vías Verdes da Fundación dos Ferrocarrís Españois, conta coa colaboración da Deputación da Coruña, a Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, a concellaría de Promoción Económica e Turismo e os outros concellos promotores da...
CULTURA
O barítono inglés Thomas Allen debuta en Galicia na clausura do IX Ciclo de Lied
A clausura o IV Ciclo de Lied, que organiza a Concellaría de Cultura en colaboración coa Asociación Galega da Lírica, supón un verdadeiro acontecemento: o primeiro recital en Galicia do veterano barítono inglés Thomas Allen. Este concerto do venres 3 de outubro, ás 20:30 horas no Teatro Principal, convértese así nunha das citas imprescindibles para todo amante da música lírica.
ALCALDÍA
O alcalde preside a reunión da SEEI coas cidades que estarán presentes no pavillón español en Xangai 2010
Dentro da rolda de reunións que se están desenvolvendo en cada unha das cidades que van participar na Exposición Universal de Xangai 2010, Santiago acolle o venres 3 unha xuntanza entre as cidades participantes e a Sociedade Estatal de Exposicións Internacionais (SEEI).
ALCALDÍA
O alcalde inaugura unha mostra sobre mulleres pioneiras no mundo empresarial
O rexedor compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou no Centro Sociocultural do Ensanche a exposición "Pioneiras. Mulleres Empresarias Galegas", que quere ser unha homenaxe a aquelas mulleres que a principios de século se convertiron en emprendedoras e empresarias, nunha sociedade na que ese ámbito parecía exclusivamente reservado para os homes.
XUVENTUDE
A mocidade compostelá gozará de actividades deportivas e de formación tecnolóxica na recta final do ano
O concelleiro de Xuventude e Festas, Xosé Baqueiro, presentou hoxe o programa de ocio e tempo libre para o último trimestre de 2008, Outonoxoven´08, dirixido a toda a mocidade de entre 13 e 20 anos. No acto estivo acompañado polo técnico da Sección de Xuventude e Educación, Xosé Manuel Rodríguez, e a responsable da empresa Turnauga, Cheché Comojo.
CULTURA
O cinema e a música, grandes protagonistas da programación cultural para este mes de outubro
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, presentaron as liñas mestras do programa cultural previsto para este mes de outubro. O mes que vimos de comezar destaca, segundo indicou Socorro García, pola cantidade e calidade dos certames musicais. Ao peche do IX Ciclo de Lied, coa actuación do barítono inglés Thomas Allen e o pianista Roger Vignoles, hai que engadir o comezo da segunda parte do programa Sons da Diversidade co Concerto de Fuxan os Ventos e...