COMERCIO
Máis de vinte comercios participan na edición de outono do Concurso de Escaparatismo
Vintedous comercios de diferentes sectores inscribíronse na edición de outono V Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2008, que desenvolve a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Entre os comercios participantes predominan os de téxtil e confección, sobre todo moda infantil, e os de complementos. A lista de inscritos tamén inclúe estabelecementos de perruquería e estética, óptica, artesanía, alimentación, deportes, xoguetes, perfumarías,...
TURISMO
Última semana para reservar praza nos obradoiros de formación audiovisual que organiza Curtocircuíto
O Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto continúa apostando pola formación no terreo audiovisual. Nesta V edición do festival, organízanse tres obradoiros: un destinado aos máis cativos (Iniciación á animación para Nenos) e dous destinados aos profesionais do sector (Cinemar: postprodución e mestura de son e Estereoscopía).
ALCALDÍA
O Ministerio de Asuntos Exteriores ubicará en Santiago a terceira delegación de Casa Asia en España
O titular da carteira de Asuntos Exteriores e Cooperación, Miguel Ángel Moratinos, anunciou no marco da celebración en Compostela do XI Foro hipano-xaponés, que Santiago contará cunha delegación de Casa Asia. Será a terceira de España, tralas entidades que se abriron en Madrid e Barcelona. A de Compostela trátase, polo tanto, da primeira que se ubica en Galicia.
MULLER
Un grupo de 70 mulleres con cancro de mama leva a súa mensaxe de optimismo e superación polo Camiño de Santiago
Chegaron a Santiago as 70 mulleres participantes no programa Dilo caminando, que pretende lanzar unha mensaxe optimista respecto do cancro de mama. Despois de percorrer o último tramo do Camiño na compañía de diversas autoridades, foron recibidas en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
CULTURA
Espectáculos internacionais para todos os públicos nunha nova edición de "Galicreques"
Presentouse en Raxoi a nova edición do Festival Internacional de Títeres Galicreques, que levará espectáculos de títeres a rúas e teatros de Compostela entre o 6 e o 12 de outubro.
ALCALDÍA
O Centro Nacional de Ciencias do Patrimonio Cultural podería construírse en Brañas do Sar
Inicialmente previsto para un dos edificios da Cidade da Cultura, o Centro de Ciencias do Patrimonio Cultural podería situarse finalmente en Brañas do Sar. Así se lle propuxo ao Concello, segundo indicou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, na súa rolda de prensa semanal.
EDUCACIÓN
Natalia Colombo recolle o I Premio Internacional "Compostela" para álbums ilustrados
A ilustradora arxentina Natalia Colombo recolleu o I Premio Internacional "Compostela" para álbums ilustrados nun acto celebrado en Raxoi. Antes, a artista tivo un encontro con profesores e cun grupo de nenos.
REHABILITACIÓN
Recollidos nun catálogo dez anos de rehabilitación de locais comercias no casco histórico
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o acto de presentación do catálogo da exposición "B96: dez anos de rehabilitación de locais comerciais en Santiago de Compostela".
EMPREGO
O servizo de atención ao público da Bolsa de Emprego atendeu 8.614 consultas no que vai de 2008
O servizo de atención ao público da Bolsa de Emprego que xestiona a Concellaría de Promoción Económica e Emprego atendeu 8.614 consultas nos nove primeiros meses de 2008. 5.639 peticións de información (o 65,5%), realizáronas mulleres. Do total de consultas, 4.421 (o 51,3%), atendéronse nas oficinas de Promoción Económica situadas na rúa do Hórreo, 100. O resto, 4.193 consultas (o 48,7%), atendéronse a través do teléfono 981 568 752.
ALCALDÍA
Destacados especialistas internacionais debaten en Santiago sobre a diabesidade
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou no Palacio de Congresos o simposio sobre a diabesidade "Diagnosting and treating diabesity", que se celebra na cidade do 2 ao 4 de outubro.