CULTURA
Santiago de Compostela e outras 14 cidades españolas, francesas e portuguesas impulsan o Camiño Cultural Atlántico
O Concello de Santiago subscribirá o próximo día 15 de xullo o Convenio Marco do Camiño Cultural Atlántico, concibido como unha ruta costeira entre o sueste de Francia, Norte de España e Norte de Portugal no que se integrarán 15 cidades: Burdeos, Bayona, Biarritz, San Sebastián, Bilbao, Santander, Gijón, Oviedo, Avilés, A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Braga, Gimaraes e Porto. Así o anunciou o alcalde compostelán, Ángel Currás, nunha rolda de prensa na que valorou o "grande...
XUNTA DE GOBERNO
Novo alumeado público para o acceso ao polígono do Tambre dende Meixonfrío
O alcalde compostelán, Ángel Currás, deu conta dos asuntos tratados na última Xunta de Goberno Local, entre os que figurou a aprobación dun novo proxecto de alumeado público no acceso ao Polígono do Tambre. Tamén se deu o visto bo á convocatoria de subvencións veciñais para 2014.
TURISMO
Tanabe convida a Santiago ao décimo aniversario da declaración do Camiño de Kumano como Patrimonio da Humanidade
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, participará este fin de semana nos actos de celebración do décimo aniversario da Declaración do Camiño de Kumano como Patrimonio da Humanidade, que terán lugar na cidade xaponesa de Tanabe. Foi o propio alcalde de Tanabe, Mitsutoshi Manago, quen convidou ao Concello de Santiago a participar nestes actos como convidado especial na súa recente visita a cidade no mes de maio.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia participa este venres no Festival Via Stellae
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) participa na IX edición do festival de música clásica Via Stellae, que se está celebrar en Santiago de Compostela. A orquestra protagoniza dous concertos no marco desta iniciativa. O primeiro celebrarase este venres, ás 20:30 horas, no Teatro Principal. O segundo será o sábado, á mesma hora, no Hostal dos Reis Católicos.