SEGURIDADE E MOBILIDADE
Protección Civil, Bombeiros e Policía Local, cos nenos do campamento de verán do Centro Sociocultural de Nemenzo
Os voluntarios de Protección Civil, xunto coa Policía Local e os Bombeiros, estiveron no Centro Sociocultural de Nemenzo cos nenos e nenas que participan nas "Mañás de xogo", o campamento de verán organizado polo Departamento de Centro Socioculturais.
XUNTA DE GOBERNO
Vinte e nove persoas desempregadas formaranse e traballarán en proxectos municipais durante seis meses
Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno deuse conta da concesión de dúas subvencións para dous programas de fomento do emprego que permitirán a contratación de 29 desempregados durante un período de seis meses. Estes traballadores realizarán as súas tarefas nun obradoiro de turismo ecolóxico e en diferentes departamentos municipais.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello aproba o convenio que permitirá financiar as obras en Angrois
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, anunciou a aprobación pola Xunta de Goberno do convenio de colaboración entre ADIF, Renfe Operadora, a Fundación dos Ferrocarrís e o Concello de Santiago que permitirá financiar as tres obras previstas na parroquia de Angrois. Suporán un investimento de 300.000 euros, destinados a unha zona de descanso para peregrinos, un parque público e infantil e un campo da festa e pista polideportiva, ademais dun almacén para a asociación veciñal.
ALCALDÍA
Encontro institucional de Agustín Hernández co xefe superior de Policía de Galicia
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu en Raxoi o xefe superior de Policía de Galicia, Eusebio Fraguas.
FESTAS
Nova edición do Día do Traxe Galego
Unha das citas tradicionais das Festas do Apóstolo é o Día do Traxe Galego, que alcanzará a súa XXXV edición este domingo 20 de xullo. O certame non se puido realizar en 2013 con motivo do tráxico accidente ferroviario de Angrois.
FESTAS
Iván Raña convidou a composteláns, peregrinos e visitantes a gozar das Festas
O triatleta Iván Raña abriu co seu pregón unha nova edición das Festas do Apóstolo ante unha ateigada praza do Obradoiro. Na súa intervención ante composteláns e visitantes lembrou algunhas das súas vivencias na cidade e animou a todos a gozar dos 14 días de celebración cun sorriso e co ánimo de escapar durante unhas xornadas dos problemas cotiás. O pregoeiro foi recibido polo alcalde compostelán, Agustín Hernández, antes de saír aos balcóns de Raxoi.
XUVENTUDE
Marta González visitou os mozas e mozas participantes no English Adventure Camp
A concelleira Marta González visitou os rapaces visitou os mozos e mozas que participan en Quiroga no English Adventure Camp, organizado polo Departamento de Xuventude.
FESTAS
Actividades infantís, música, a Xornada do Folclore, a Festa do Escalo e o Día do Traxe na primeira fin de semana do Apóstolo
Tras pregón do campión de tríatlon Iván Raña, chega a primeira fin de semana das Festas do Apóstolo, cargada de actividades para todos os públicos. Entre elas, destaca o sábado a Xornada de Folclore Galego na praza da Quintana e o domingo a Festa do Escalo en Chaián, o Día do Traxe Galego e o concerto da Banda Municipal de Música, ademais dunha programación especial infantil. Xa o luns, poderemos escoitar a Sylvia Howard Quintet & Roland Tchakounté Blues Band na Quintana.