COMERCIO
O Pazo de Congresos acolle máis de 40.000 pezas na I Feira de Antigüidades de Santiago
O Pazo de Congresos de Galicia acollerá entre venres e domingo a I Feira de Antigüidades de Santiago de Compostela, á que asistirán 35 expositores de España, Francia e Alemaña, que amosarán máis de 40.000 pezas. O evento foi presentado no Pazo de Raxoi pola concelleira de Economía, Reyes Leis, e o organizador do evento, Ángel Moix.
CONSORCIO
Unha mostra reúne as obras de debuxantes e ilustradores españois e internacionais que retrataron a cidade nas súas creacións
O Consorcio de Santiago e El Patito Editorial inauguraron a exposición Santiago Cidade Ilustrada na Casa do Cabido. A mostra reúne máis de 60 obras de distintos ilustradores españoles e estranxeiros que retrataron a cidade de Santiago de Compostela nas súas creacións. Ao acto de presentación asistiron a concelleira de Cultura, María Antón; os comisarios da exposición, Gemma Sesar e Fausto Isorna; xunto con varios ilustradores cuxas obras se exhiben neste proxecto.