CENTROS SOCIOCULTURAIS
O sábado 7 de xuño nova cita co programa "Imos ao Baile 2014"
Comezamos o mes de xuño cunha nova cita do programa Imos ao baile 2104, actividade para maiores promovida polas Concellarías de centros socioculturais e de participación cidadá.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
Santiago cederá espazos públicos para os edificios gañadores do curso Prototipolab
A concelleira Reyes Leis presentou esta mañá en rolda de prensa a III edición do curso Prototipolab, unha actividade de formación que ten como obxetivo a construción de prototipos de mobiliario urbano orientados cara a autosuficiencia enerxética, desenvolvidos integramente en madeira e que terán a posibilidade de ser expostos nos espazos urbanos da cidade compostelá.
ALCALDÍA
O Pazo de Raxoi recibe á delegación francesa do Concello de Vannes
Encabezada pola tenente de alcalde, Latifa Bakhtous, está mañá o alcalde Ángel Currás e a concelleira Reyes Leis, recibiron aos representantes do Concello de Vannes da Bretaña francesa que se atopan en Santiago para presentar as conclusións do proxecto educativo Comenius Regio, que pretende fomentar os intercambios escolares entre Galicia e a rexión francesa.
TURISMO
O Mercado de Abastos acolle a presentación da Festa do Galo de Curral de Vila de Cruces
A XXI edición da Festa Gastronómica de Curral, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, celebrarase a fin de semana do 14 e 15 de xuño
CULTURA
Berrogüetto despídese do seu público de Santiago cun concerto este domingo dentro do ciclo Sons’14
Este domingo 8 de xuño no Auditorio de Galicia ás 20.30h terá lugar o segundo concerto da xira de despedida de Berrogüetto, Unha luz que non se apaga. Trátase da despedida do grupo co público de Santiago nunha cita enmarcada dentro do ciclo Sons’14. As entradas están á venta no despacho de billetes do Teatro Principal, en entradas.novagaliciabanco.es ou no 902 434 443 a un prezo de 15 euros (anticipada) e 18 euros o día do concerto. O propio domingo poderán mercarse entradas tamén no Auditorio de Galicia desde as...