TURISMO
Santiago superou as 120.000 pernoctacións en maio, mellor cifra histórica neste mes despois do Ano Xacobeo 2010
24/06/2014
Leer más
Santiago alcanzou as 120.502 pernoctacións no pasado mes de maio, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). Trátase da mellor cifra da serie histórica neste mes, só superada pola cifra do Ano Santo 2010. Representa un crecemento do 1,9% respecto de maio do ano pasado, que xa alcanzara unhas cifras importantes. Tamén supera ás cifras dos anos previos ao comezo da crise económica.
ALCALDÍA
Recepción no Obradoiro á Peña Cicloturista Amigos de Santiago (Ávila)
24/06/2014
Leer más
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, recibiron a Peña Ciclista Amigos de Santiago, da cidade de Ávila, que concluíu a edición XXVII da súa ciclomarcha a Compostela.