EDUCACIÓN
Educación publica a lista de admitidos no programa de conciliación de verán
Finalizado o prazo para a solicitude de participación no programa de conciliación laboral e familiar para o verán organizado polo Departamento de Educación, faise pública a listaxe de admitidos no programa.
FACENDA
A mellora das condicións financeiras do préstamo ICO permitirá ao Concello un aforro de 745.000 euros
Coa adhesión a dous programas promovidos polo Ministerio de Facenda, o Concello conseguiu a mellora das condicións do crédito ICO que ten subscrito, o que permitirá a redución do interese do devandito préstamo do 5,939% ao 4,07%. Isto permitirá ao Concello aforrar 745.660,76 euros.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Publicadas as listas de admitidos e de agarda nas "Mañás de verán e de xogo"
Dende este venres 20 de xuño pódense consultar nos taboleiros informativos dos centros socioculturais, nesta web e en www.santiagosociocultural.org os listados de admitidos e de agarda para as Mañás de verán e de xogo organizadas pola Concellería de Centros Socioculturais dentro do programa Vive o verán.
ALCALDÍA
A familia de Carlos Maside cede ao Concello 21 cadros do legado do artista
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e José Carlos, Josefina, Xulio e Rosa Mª Maside Medina, familiares de Carlos Maside, asinaron un convenio de colaboración para a cesión temporal de obras de arte do legado do artista. Esta colección consta de 21 cadros, que se exhibirán nunha serie de exposicións.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Conxo celebra o San Xoán cunha xornada chea de actividades culminada por unha gran cacharela con meiga incluída
O barrio de Conxo organiza unha nova edición do seu tradicional San Xoán. A celebración terá lugar dende a tarde ata ben entrada a noite do 23 de xuño na praza do Centro Sociocultural Aurelio Aguirre. O calendario de actividades foi presentado en rolda de prensa pola concelleira Reyes Leis e membros da Coordinadora de Festas Tradicionais do Barrio de Conxo.
REFUXIO DE ANIMAIS
Os participantes no curso de perruquería equina e canina da UMAD realizaron prácticas cos cans do Refuxio de Bando
Os alumnos e alumnas no curso de perruquería equina e canina organizado pola Unidade Municipal de Atención a Drogodependencias (UMAD) remataron as súas prácticas no Refuxio de Bando con varios cans do recinto. Así colaboraron tamén coa actividade da protectora para facilitar a adopción dos animais. A concelleira Reyes Leis achegouse ata Bando para presenciar a actividade e entregar os seus diplomas aos alumnos.
CULTURA
O contratenor José Hernández Pastor e Galicia Brass, no programa desta fin de semana do Via Stellae
Logo da inauguración da man de Resonet, esta fin de semana continúa a programación da novena edición do Via Stellae. Este sábado 21 poderemos escoitar ao contratenor José Hernández Pastor que, xunto a Manuel Minguillón, arquilaúde, e Calia Álvarez, viola de gamba, estarán ás 20:30 horas en San Fiz de Solovio co programa Il primo gran divo… Baldassare Ferri. O domingo estará Galicia Brass, que presenta Brass Cats… un novo ensemble de metais ás 18:30 horas no Hostal dos Reis.../em>