COMERCIO
O pequeno comercio xa ten o seu Paseo das Estrelas en Xeneral Pardiñas
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, inaugurou o Paseo das Estrelas, no que figura o nome dos comercios premiados no programa Santiago Comercio de Cine. Sitúase na rúa Xeneral Pardiñas (tramo comprendido entre Montero Ríos e República do Salvador) e pon en valor estes establecementos nunha rúa moi transitada da cidade e con gran vocación comercial.
UMAD
Cita na Sala Capitol co rapeiro ToteKing nun novo concerto sen alcohol
O Concello, a través da Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD) organiza, en colaboración coa Sala Capitol, un novo concerto sen alcohol. Será este venres 20 de xuño a partir das 21:00 horas e o protagonista será o rapeiro andaluz ToteKing.
MERCADOS
O Mercado de Abastos acolle a presentación da Rapa das Bestas de Sabucedo
O Mercado de Abastos de Santiago acolleu a presentación da Festa da Rapa das Bestas de Sabucedo, declarada Festa de Interese Turístico Internacional, que se celebrará entre o 3 e o 7 de xullo. A presentación supuxo tamén a inauguración dunha mostra sobre a Rapa das Bestas, que poderá visitarse gratuitamente no Mercado de Abastos ata o próximo 7 de xullo, de luns a sábado.
XUNTA DE GOBERNO
Autorizadas 267 cacharelas públicas e privadas para a celebración do San Xoán
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, autorizou a celebración dun total de cacharelas, a realizarse entre os días 21 e 23 de xuño, maioritariamente nesta última xornada, noite de San Xoán. Destas fogueiras, 62 son públicas e outras 205 privadas, das que 85 corresponden á cidade e 120 ao rural.
TURISMO
O concurso Tapéate Compostela celebra a súa última fin de semana
A organización de Tapéate Compostela agarda un último tirón nesta fin de semana, na que remata o concurso de tapas. O público ten ata o domingo a oportunidade de probar as tapas que ofrecen os trinta locais participantes nesta edición. Todas as tapas teñen un prezo de dous euros. E todas teñen que empregar como base produtos do Mercado de Abastos de Santiago.
CULTURA
Resonet inaugura a 9ª edición do Via Stellae
O Concello de Santiago e a Xunta de Galicia organizan e promoven a novena edición do Festival Via Stellae, un certame esencial no verán compostelán que, a piques de cumprir os seus dez primeiros anos de vida, vén avalado por unha consolidada traxectoria e que sempre contou co respaldo do público e co recoñecemento da prensa especializada. O festival inaugúrase este venres 20, ás 20:30 horas, no Convento de Santa Clara, con Resonet. Nesta edición haberá 23 concertos, que se celebrarán ata o 15 de xullo.