SERVICIOS SOCIAIS
O Río Natura Monbus colabora con Servizos Sociais na recollida de cueiros
O Río Natura Monbus, que xogará o seu próximo partido no Fontes do Sar o xoves 8 de maio fronte ao sevillano Cajasol (20.15 horas), sumarase á terceira edición da "Operación Cueiro", posta en marcha pola Área de Servizos Sociais do Concello de Santiago, dirixida pola concelleira María Castelao, coa intención de axudar a familias en situación de extrema necesidade.
ALCALDÍA
O Foro Cívico Empresarial súmase á defensa da demarcación xudicial
O alcalde de Santiago, Ángel Currás, continúa cos actos para recabar apoios para o mantemento do partido xudicidal de Santiago tal e como está agora. O rexedor, asistiu esta tarde á xuntanza do Foro Cívico empresarial na sala de xunta da Cámara de Comercio.
XUVENTUDE
O Centro Sociocultural do Ensanche acolle diversas actividades da concellería de Xuventude
A concelleira Rebeca Dominguez asistiu esta tarde no CSC do Ensanche a dúas actividades que organiza o seu departamento. Nesta ocasión foi o turno para o coaching laboral e un obradoiro de xabróns decorativos.
ÁREA DE DESENVOLVEMENTO URBANO E SOSTIBLE
Os alumnos da escola de arte Mestre Mateo poderán expoñer os seus traballos no parque de Belvís
O Concello de Santiago desexa colaborar coa escola de arte ofrecendo un espazo para que as pezas elaboradas polos alumnos, como parte da súa formación na disciplina artística de escultura, poidan ser expostas ao público. O convenio de colaboración asinado hoxe entre o alcalde e o director do centro, Santiago Riande, deu luz verde a esta iniciativa.
CULTURA
Aberto o prazo de inscrición para a 11ª edición do Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto
A inscrición, de balde, poderá facerse de curtametraxes de ata 30 minutos de duración, ata o 6 de xullo e a través das plataformas http://shortfilmdepot.com ou http://festival.movibeta.com. Poderán participar as curtametraxes que fosen rematadas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2013 e que non fosen presentadas ao Festival en edicións anteriores
TURISMO
Turismo de Santiago amosa a cidade a profesionais de Irlanda, Rusia, Turquía, Kasaquistán e Malaisia
A empresa municipal colabora estes días en varios viaxes de xornalistas e axentes de viaxes de países que constitúen novas oportunidades para o sector turístico da cidade. Turismo de Santiago colabora con múltiples empresas e entidades para a promoción da cidade, como Aer Lingus, Turkish Airlines, a Axencia de Turismo de Galicia ou o Patronato Rías Baixas.
FACENDA
O Concello crea un portal da transparencia para facer accesible e comprensible ao cidadán a información municipal
Adiantándose ao establecido na Lei 19/2013 de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, o Concello vén de crear un portal da transparencia para dar a coñecer á cidadanía dunha forma compensible a información municipal. Xa se pode acceder a este portal a través da páxina web municipal www.santiagodecompostela.gal.
FESTAS
Vendidas as primeiras 500 localidades do concerto de Los Planetas para as festas do Apóstolo
Máis de medio milleiro de entradas vendidas para o directo que Los Planetas ofrecerá o 25 de xullo na Praza da Quintana. O grupo invitado no concerto é a banda galega Disco Las Palmeras que serán os encargados de abrir a actuación.