ALCALDÍA
Inauguración este domingo en Vista Alegre da praciña Saxo Tenor
O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidirá o vindeiro domingo, 12 de xaneiro, ás 12:00 horas, o acto de inauguración da praciña Saxo Tenor, no barrio de Vista Alegre, en memoria de Roberto Vidal Bolaño. Dáse así cumprimento ao acordo unánime da Corporación adoptado no Pleno do 28 de novembro de 2013, polo que se designaba co nome desta obra -unha das máis emblemáticas do dramaturgo compostelán- esta praza, situada a carón da casa onde vivira.
CULTURA
Vinte e catro espectáculos teatrais, repartidos en 60 funcións, no primeiro semestre de 2014
Comeza unha nova temporada de teatro cunha variada oferta que inclúe tres estreas absolutas e con protagonismo das compañías galegas e de importantes compañías nacionais. Teatro de autor, comedias, dramas e dous grandes clásicos nos escenarios do Teatro Principal, Zona C, Sala Agustín Magán e Auditorio Novagalicia Banco. As entradas para todos os espectáculos están xa á venda na billeteira do Teatro Principal e para case todos tamén se poden mercar en