ALCALDÍA
O proxecto "SMART iAgo" buscará solucións tecnolóxicas en prol dunha xestión funcional eficaz dos cascos históricos
O alcalde compostelán, Ángel Currás, participou como relator no almorzo informativo do Smarcity. Foro de La Nueva Ciudad, organizado por Nueva Economía Fórum. Ante seis secretarios de Estado, diplomáticos, representantes das administracións autonómica e local e dirixentes empresariais, presentou o proxecto SMART iAgo, cuxo obxectivo principal é formular solucións tecnolóxicas orientadas á xestión e á resolución da problemática específica das cidades.../em>
CULTURA
A maxia de Martín Varela e o teatro para bebés de Caramuxo en Infantil & Familiar
Esta fin de semana están programados dous espectáculos dentro do ciclo Infantil & Familiar aos que acudir cos máis pequenos da casa. O sábado, poderemos ver o espectáculo de ilusionismo do novísimo mago Martín Varela, que presenta Manifesto no Auditorio de Galicia ás 19:30 horas. O domingo haberá teatro para bebés con Caramuxo Teatro, que ofrecen de novo Glub, glub tras o éxito obtido en anteriores ocasións. Será na Zona C con dúas funcións, ás 17:00 e.../em>
CONSORCIO
Un libro sobre a orixe de Santiago, a primeira cidade galega, destaca que no século XII xa ocupaba 30 hectáreas
O Consorcio e a Universidade de Santiago acaban de publicar a segunda edición revisada do libro La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media, de Fernando López Alsina, catedrático de Historia Medieval da USC. O martes, 28 de xaneiro, o alcalde de Santiago, Ángel Currás, e o reitor da USC, Juan Casares, presentarán a publicación no Museo das Peregrinacións e de Santiago (sede Praza das Praterías), ás 19:00 horas.
SERVIZOS BÁSICOS
A adxudicataria do mantemento do alumeado deberá subscribir un seguro que faga fronte aos roubos de cable
O concelleiro de Servizos Básicos e Brigada de Vías e Obras, Juan de la Fuente, deu conta dunha sentenza xudicial que condena ao autor dun roubo de cable na rúa Samos, producido en novembro de 2011, a cinco meses de prisión e ao pago de 1.179 euros máis intereses. Expresou a súa "plena satisfacción" por unha sentenza que castiga un delito, o do roubo de cable de cobre, que cada ano provoca un importante gasto ás arcas municipais.
DEPORTES
O pavillón do Restollal acolle o Campionato Galego Sénior de Karate
O pavillón municipal do Restollal acollerá este domingo, 26 de xaneiro, o Campionato Galego Sénior de Karate nas modalidades de kata e kumite individual masculino e feminino. Os combates comezarán ás 9:30 horas.
CULTURA
Chega a Compostela "En construcción", dirixida por Tristán Ulloa
Este domingo 26 chega a Compostela unha das sorpresas da temporada teatral: En construcción. Escrita e protagonizada por Carolina Román e Nelson Dante, trátase da primeira obra que dirixe Tristán Ulloa e está organizada dentro do ciclo Teatro & Danza. Poderá verse a partir das 20:00 horas no Auditorio Novagalicia Banco.
CULTURA
Sumrrá e un concerto da Banda Municipal no programa musical da fin de semana
Esta fin de semana temos dúas citas musicais na nosa programación habitual. A primeira será este sábado dentro do ciclo Sons’ 14 Jazz co trío galego Sumrrá. O domingo teremos o habitual concerto coa Banda Municipal de Música. Ambas citas son no Teatro Principal.
TURISMO
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade asina convenios con Paradores, Turespaña, Renfe e Madrid Destino
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, asociación formada por Alcalá de Henares, Ávila, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza/Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona y Toledo, asinou en Fitur diversos convenios de colaboración con Turespaña, Paradores, Renfe e Madrid Destino.