DEPORTES
Repaso ás instalacións deportivas municipais
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, visitou varias instalacións deportivas municipais, con fin de avaliar os danos causados polos últimos temporais e, en xeral, o seu estado actual. Coñecidas as necesidades dos diferentes campos e pavillóns, programaranse os investimentos e as obras de mantemento para o exercicio 2014.
BENESTAR SOCIAL
Concello e Cruz Vermella poñen en marcha un programa de reforzo escolar para os nenos e nenas do sur da cidade
O Centro Sociocultural "Aurelio Aguirre" de Conxo acollerá a partir da vindeira semana as sesións do Programa de Apoio Socioeducativo posto en marcha pola Cruz Vermella en colaboración co Concello de Santiago. Lévase así este servizo de reforzo escolar ao sur da cidade, completando o que a Cruz Vermella xa vén prestando para a zona norte nas súas propias instalacións.
CULTURA
Vinte e tres eventos de maxia, música, danza, títeres, clown e teatro na programación do ciclo Infantil & Familiar de xaneiro a maio
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou a programación do ciclo Infantil & Familiar para os meses de xaneiro a maio, logo da exitosa acollida do ciclo coa programación de Nadal. Na rolda estivo acompañado do mago Martín Varela, quen estará dentro do ciclo este mesmo sábado no Auditorio de Galicia, ás 19:30 horas, co seu espectáculo Manifesto. En total serán, dende este sábado e ata o 1 de xuño, 23 eventos que inclúen, ademais de maxia, música,...
TURISMO
O grupo Área Santiago preséntase en Fitur
Área Santiago, grupo de 19 concellos creado formalmente o pasado mes de maio para a súa promoción turística conxunta, presentouse en Fitur. Con esta presentación, o grupo dá un paso máis no seu posicionamento como un destino turístico que, nas proximidades de Santiago de Compostela, ofrece un amplo abano de atractivos e posibilidades aos visitantes: natureza, gastronomía, cultura, patrimonio, pesca...
ALCALDÍA
O aeródromo militar de Santiago de Compostela manterase "aberto e activo" durante todo o ano
O Concello de Santiago, a Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia e a Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela manifestaron a súa satisfacción pola decisión acordada polo Ministerio de Defensa de manter "aberto e activo" o aeródromo militar de Santiago.
CULTURA
Santi Millán chega a Compostela para presentar en Falabaratos "Santi Millan Live!"
Tras as Noites de Retranca e o espectáculo de Quico Cadaval chega agora a terceira das propostas do ciclo Falabaratos para este 2014. Será Santi Millán, que estará en Compostela presentando o seu espectáculo Santi Millán Live, co que logo de acadar o éxito en Barcelona decidiu saír de xira. Estará este xoves 23, a partir das 20:30 horas, no Teatro Principal. As entradas, a 17 euros (12 anticipada) poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas), en
TURISMO
Turismo de Santiago e Turkish Airlines renovan o seu convenio de colaboración para a promoción da cidade
Turismo de Santiago e Turkish Airlines renovaron en Fitur o seu convenio de colaboración destinado á promoción da cidade como un destino turístico na rede de destinos onde opera a aerolínea turca, nun acto ao que asistiu o alcade de Santiago, Ángel Curras. Turkish Airlines, que conta cunha conexión directa entre Santiago e Estambul, foi nomeada Mellor Aerolínea de Europa nos anos 2011, 2012 e 2013.