URBANISMO
A bo ritmo as obras da cafetería da Alameda
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Urbanismo, María Pardo, visitaron as obras da cafetería acompañados polo arquitecto César Coll. Os traballos continúan a bo ritmo, co obxectivo de que o novo edificio poida estar rematado na primavera.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba unha nova fase do programa Compostela Actúa
A Xunta de Goberno aprobou unha nova fase do programa Compostela Actúa, organizado pola Concellería de Xuventude, que entra na etapa de ensaios unha vez realizados os castings. Na sesión ordinaria tamén se acordou a solicitude de diversas axudas para programas de emprego e de benestar social.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Máis de 150 mozos e mozas de oito concellos participarán na 3ª edición do Club de Debate
O Club de Debate ponse en marcha de novo cunha terceira edición organizada polos concellos de Ames, Carballo, O Carballiño, Ferrol, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela e Teo. Nun acto celebrado na Casa do Concello de Ferro, asinouse a Addenda ao protocolo de colaboración para o desenvolvemento deste Club de Debate, un programa de promoción do uso da lingua que organizan os servizos de normalización lingüística dos concellos citados.
EDUCACIÓN
Uns 900 escolares fan uso cada día dos servizos de comedor e de madrugadores
O Concello de Santiago de Compostela xestiona, por segundo ano consecutivo, o servizo de comedores e madrugadores en nove centros educativos da cidade. 653 rapaces e rapazas fan uso do servizo de comedor cada día e outros 199 participan na oferta de madrugadores. A concelleira de Educación, María Castelao, quixo compartir a xornada de mediodía cos nenos e nenas do CEIP Ramón Cabanillas.
BENESTAR SOCIAL
Entrega de diplomas aos participantes nos programas municipais de inclusión sociolaboral e de intervención socioeducativa
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, presidiu na Casa das Asociacións de Benestar Social (Salgueiriños) o acto de entrega de diplomas dos programas municipais de Mellora na Calidade da Vivenda, Inclusión Sociolaboral e Intervención Socioeducativa.
CONSORCIO
Conclúe a restauración das reixas de sete fiestras do mosteiro de San Paio
O Consorcio de Santiago promoveu a restauración das reixas de varias fiestras do mosteiro de San Paio de Antealtares. Trátase en concreto de sete ventás da torre sueste, coñecida como a "torre da Borriquita" por estar enriba do popular retablo pétreo. Os traballos, dirixidos polo arquitecto compostelán Iago Seara e adxudicados á empresa DICSA, estiveron coordinados pola Oficina Técnica do Consorcio. No seu desenvolvemento participaron ferreiros, canteiros, carpinteiros e restauradores. O orzamento global desta...
URBANISMO
Dúas esculturas lembran na costa de Santa Susana o lugar de reunión do xerme do Concello de Santiago na Idade Media
O adro ao final da costa de Santa Susana, na Alameda, acolle xa as esculturas de dous leóns, co escudo da cidade, co obxectivo de simbolizar e indicar á cidadanía o lugar onde se reunía o Concello de Santiago na Idade Media. O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Urbanismo, María Pardo, visitaron o lugar.
CULTURA
A orquestra rock galega Metamovida inaugura o Compostela Rock 2014
A Sala Capitol acolle este venres o concerto inaugural do Compostela Rock 2014. Trátase dunha das propostas máis singulares que se poden ver na actualidade en Galicia, a da orquestra Metamovida, agrupación que non adoita ofrecer moitas actuacións. O concerto será ás 20:30 horas na Sala Capitol e, como preámbulo, poderemos escoitar tres bandas cuxos membros forman parte da orquestra: Unicornibot, Cró! e Guerrera.