TURISMO
Santiago de Compostela e os concellos da comarca preparan un paquete turístico específico para este verán
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, reuniuse cos concelleiros de Turismo dos municipios da área metropolitana de Santiago. Dábase así continuidade ao grupo de traballo creado o 11 de marzo coa fin de estratexias conxuntas para incentivar o turismo.
BENESTAR SOCIAL
Os centros escolares acollerán os obradoiros de sensibilización "Creando en igualdade"
A concelleira de Benestar Social, Muller e Igualdade, María Castelao, presentou os obradoiros Creando en igualdade, que se impartirán entre escolares de primaria e secundaria de máis de 25 colexios do municipio. Estas sesións enmárcanse no III Plan de Igualdade, no que se incide na necesidade de traballar nun cambio de valores entre homes e mulleres dende a educación a través de accións de sensibilización.
CULTURA
Pradairo, Pedro Guerra, Budiño, Win Mertens, Malevaje e Sés, en Sons’13
Sons continúa facendo un percorrido polos diferentes estilos musicais. Despois do exitoso concerto da fadista Ana Moura, e as citas con Amancio Prada, Odaiko e Coetus, poderemos disfrutar dunha primavera de Sons no Auditorio de Galicia e no Teatro Principal.