ALCALDÍA
Comeza en Santiago a profesionalización definitiva das Cidades Patrimonio
As trece Cidades Patrimonio da Humanidade españolas concluíron a asemblea xeral de alcaldes coa aprobación dun orzamento de 1,6 millóns de euros e o nomeamento do primeiro director-xerente nos 20 anos de historia do GCPHE. Aprobáronse así mesmo os actos do 20 aniversario da constitución do grupo, o plan de actuacións para 2013 e a convocatoria dos Premios Patrimonio, entre outros.
DEPORTES
AGAXEDE organizou unha conferencia sobre responsabilidade dos xestores deportivos no marco da súa Asemblea Xeral
Ante máis de 50 profesionais da xestión deportiva en Galicia, Alejandro López pronunciou a conferencia "Responsabilidade dos Xestores Deportivos". A devandita disertación serviu de peche os actos vinculados á Asemblea Xeral da Asociación de Xestores Deportivos de Galicia (AGAXEDE), que se celebrou no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.