ALCALDÍA
Expertos en diversos ámbitos da arqueoloxía debaten en Santiago sobre os novos retos da divulgación desta ciencia
O alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugurou no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento a xornada Análise da aplicación das novas tecnoloxías á arqueoloxía. A problemática da divulgación, organizada polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España en colaboración co Concello.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS
Novas rutas didácticas ao Castelo da Rocha e a San Domingos de Bonaval
Continúan as rutas didácticas do programa educativo Cultura Viva. Fai túa Compostela, promovido pola Concellaría de Participación Cidadá e Centros Socioculturais. Para o sábado 16 está prevista a ruta "O Castelo da Rocha", mentres que o mércores 20 de marzo realizarase a denominada "Os espazos claustrais I".
URBANISMO
As obras de recuperación da finca do Espiño como parque executaranse neste exercicio
As obras do parque público da finca do Espiño executaranse este ano, polo que tras moitos anos se recuperará para o uso público esta superficie verde. Así o anunciou a concelleira de Urbanismo, María Pardo, quen recordou que o aval presentado pola empresa Layetana polas obras de recuperación do parque e de rehabilitación do palacete existente se executou o pasado 20 de setembro de 2012.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobados os prazos de admisión e matrícula na Escola Municipal de Música
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou os prazos de admisión e matrícula da Escola Municipal de Música para o curso 2013-2104. Tamén determinou os membros do xurado do VI Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados e deu o visto bo á revisión das tarifas do Mercado Nacional de Gando.
ALCALDÍA
O alcalde reuniuse cun grupo de voluntarias do Refuxio de Animais de Bando
O alcalde compostelán, Ángel Currás, mantivo un encontro en Raxoi cun grupo de voluntarias do Refuxio de Bando.
ALCALDÍA
Entregados os Premios San Clemente
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á entrega dos Premios Arcebispo San Clemente, celebrada no IES Rosalía de Castro.