EDUCACIÓN
Homenaxe en San Caetano ao profesor e escultor Andrés Caamaño Hermida
A comunidade educativa do Centro de Educación Especial Manuel López Navalón celebra este ano o 150 aniversario da súa creación e con tal motivo traballa, en colaboración coas Administracións, no desenvolvemento de diferentes actos ao longo deste curso escolar. Dentro deste programa de actividades, celebrouse un acto de recoñecemento ao profesor e escultor do centro educativo Andrés Caamaño Hermida, recentemente xubilado. A concelleira de Educación, María Castelao, sumouse a esta homenaxe.
COMERCIO
Aberta a participación na terceira edición do Concurso de Beléns e Ambientación de Nadal
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, presentou a terceira edición do Concurso Municipal de Beléns e Ambientación de Nadal, co obxecto de promocionar as manifestacións de tradición popular típicas das celebracións do Nadal.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Concellería de Centros Socioculturais asina convenios de colaboración coas asociacións musicais Alfaia, Solfa e aCentral Folque
O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, asinou esta mañá tres convenios de colaboración con representantes das asociacións musicais Solfa, Alfaia e aCentral Folque.
TURISMO
Catro frecuencias semanais do voo das 6:45 con Iberia Express conectarán Santiago con Madrid a partir do 30 de marzo
Iberia Express conectará Santiago con Madrid con catro frecuencias semanais do voo das 6:45 na tempada de verán 2014, que abrangue dende o 30 de marzo ao 25 de outubro.
BENESTAR SOCIAL
O Concello promove novas accións para reducir o consumo de alcohol entre os mozos nos locais de lecer nocturno
Retomando as liñas do Plan de Acción Local para Prevención das Drogodependencias, a Concellería de Benestar Social, en colaboración con Hostalería Compostela, pon en marcha unha serie de actuacións dirixidas a mozos e mozas, enmarcadas no ámbito do ocio e tempo libre.
CULTURA
Trinta e tres eventos no variado programa cultural para este Nadal
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron o programa cultural para este Nadal. Un programa para todos os públicos e que ofrece eventos de diversos xéneros: teatro, danza, circo, música, humor, maxia e unha programación especial infantil e familiar. En total, 33 eventos dende o 11 de decembro ata o 12 de xaneiro no Teatro Principal, Auditorio de Galicia, Sala Capitol, Salón Teatro, Zona C e o Auditorio Novagalicia Banco.
CENTROS SOCIOCULTURAIS E RELACIÓNS VECIÑAIS
Cita co baile na Casa das Asociacións
Este sábado 7 de decembro, nova cita co programa Imos ao baile 2013, das concellerías de Centros Socioculturais e de Relacións Veciñais. Será na Casa das Asociacións (Rúa de Manuel Beiras, 3 – Cornes) a partir das 17:30 horas.
DEPORTES
Recoñecemento municipal aos últimos éxitos da Agrupación Deportiva Manuel Peleteiro
O alcalde de Santiago, Ángel Currás, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, recibiron en Raxoi unha delegación da sección de baloncesto da Agrupación Deportiva Manuel Peleteiro. O Concello quixo así recoñecer os últimos éxitos logrados polos equipos do club.
CONSORCIO
O percusionista da Orquestra Filharmónica de Berlín imparte a vindeira semana unha clase na Escola de Altos Estudos Musicais
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) conta cun programa de formación permanente dirixido a todos os músicos galegos, tanto no ámbito profesional como no afeccionado, interesados neste eido. No marco deste programa, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de recoñecido prestixio internacional.
CULTURA
Curtocircuíto inaugura a súa décima edición
Curtocircuíto, Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, organizado polo Concello e co-financiado pola Deputación da Coruña, presenta este xoves a súa décima edición ás 20:30 horas na Zona C.