EDUCACIÓN
Continúan as actividades do programa de conciliación de Nadal de Educación
A concelleira de Educación, María Castelao, visitou no CEIP das Fontiñas o programa de conciliación de Nadal, que se desenvolve ata o 8 de xaneiro. A iniciativa comprende un conxunto de actividades educativas, deportivas e de lecer dirixidas a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.
EMPREGO
Sesenta persoas participan nos cursos do programa integrado "Emprego Santiago II"
A concelleira de Emprego, Reyes Leis, visitou unha acción do programa integrado Emprego Santiago II. 60 persoas participan neste programa experimental, que combina accións de información, orientación, asesoramento, formación, prácticas laborais e acompañamento á inserción. Ten como obxectivo promover a inserción laboral de desempregados a través do desenvolvemento dun itinerario integrado de inserción.
COMERCIO
Os gañadores dos concursos de Beléns e de Ambientación de Nadal recibiron os seus agasallos nun acto en Raxoi
O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu no Pazo de Raxoi a entrega dos premios dos concursos de Beléns e de Ambientación de Nadal, promovidos pola Concellería de Comercio. Os triunfadores foron elixidos por votación popular a través do Facebook do programa #Nadalamos.
CULTURA
A Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música estrea as obras gañadoras do Concurso Galego de Composición
Dirixida por Xosé Carlos Seráns, a Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música estreará as obras premiadas do VI Concurso Galego de Composición para Banda de Música. Estas serán as obras obrigadas no VIII Certame Galego de Bandas de Música.
CULTURA
Jorge Blass, o Mago Romarís e Trompicallo Teatro no ciclo Infantil & Familiar
Dous espectáculos de maxia e outro de teatro pechan o ciclo Infantil & Familiar neste mes de decembro. Jorge Blass, Mago Romarís e Trompicallo Teatro protagonizan estas actividades os días 28, 29 e 30 de decembro no Teatro Principal.
CULTURA
Hendrik Röver e Adrián Costa, citas musicais para o último fin de semana do ano
O sábado 28, ás 21:30 horas, a Sala Capitol acollerá o concerto do líder de Los Deltonos, Hendrik Rover, pechando o ciclo Íntimo & Acústico neste 2013. Ao día seguinte, ás 20:30 horas, dentro do Blues Nite, cita con Adrián Costa, cantante e guitarrista de Los Reyes del K.O., no Salón Teatro.