EMPREGO
O Concello inicia a formación de 30 persoas como especialistas en dinamización xerontolóxica e en transporte adaptado
O Departamento de Emprego pon en marcha a formación correspondente ás especialidades formativas de: Dinamización xerontolóxica en asociacións e entidades de maiores e do terceiro sector, e de Condutor/a especializado en transporte adaptado de persoas maiores e dependentes servizos de coidados a persoas dependentes no domicilio e institucións. A concelleira de Emprego, Reyes Leis, visitou no edificio Cersia estas dúas accións, que forman parte do itinerario de inserción de 30 persoas no marco do programa Persoa V.
FESTAS
Os Bolechas acompañarán os Reis Magos nunha cabalgata con novas carrozas
O concelleiro de Festas e por segundo ano carteiro real, Francisco Noya, presentou o espectáculo de fin de ano e a cabalgata de Reis. O primeiro volverá incluír as tradicionais uvas e a pirotecnia no Obradoiro para acompañar as badaladas da Berenguela, así como a música da orquestra Trébol. En canto á chegada dos Reis Magos a Compostela, protagonismo especial deste vez para a Banda Municipal e para Os Bolechas.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E MOBILIDADE
"Ser Libris" promove a lectura entre os usuarios do transporte urbano
As concellerías de Normalización Lingüística e de Mobilidade, a través da empresa municipal TUSSA, colaboran coa Asociación Galega de Editores (AGE) na campaña Ser Libris. A través desta proposta pretende fomentarse a lectura entre os usuarios do transporte urbano.
CULTURA
Baobab Teatro representa "Babs", espectáculo para bebés
Un día, Baobab Teatro soñou cun mundo visual, estético, musical e de bonitas palabras. Ese mundo é Babs e represéntase no Teatro Principal o luns 23, con funcións ás 17:00 e ás 18:00 horas.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Finaliza a segunda edición de Compostela Cine Classics con case 2.400 participantes
A Concellería de Centros Socioculturais fai balance do bo desenvolvemento da segunda edición do programa educativo Compostela Cine Classisc, iniciado en setembro e finalizado esta mesmas semana cun obradoiro infantil. Esta proposta quixo achegar aos centros socioculturais o feito cinematográfico dende un punto de vista educativo global, mesturando a proxección de filmes con coloquios, faladoiros de expertos, obradoiros creativos, actividades musicais e a exposición temática Os cines de Compostela.
CULTURA
"Viaxe a Dadá" e "Conto de Nadal", dúas propostas familiares para a fin de semana
O ciclo Infantil e Familiar trae este Nadal a Compostela dúas obras de teatro: Viaxe a Dadá e Conto de Nadal. A primeira representarase na Zona C o sábado 21, ás 17:00 e ás 18:30 horas, e o domingo 22, ás 12:30 e 17:30 horas. A segunda proposta terá lugar o domingo 22, ás 12:30 horas, no Teatro Principal.
ALCALDÍA
Homenaxe ao asociado e ás empresas con máis de 25 anos do Polígono do Tambre
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e varios concelleiros asistiron ao acto de homenaxe ao asociado da Asociación Área Empresarial do Tambre.