CULTURA
Saen á venda as entradas para o concerto que Marlango dará en Santiago o 22 de febreiro
Marlango, grupo de referencia na escena independente española, actúa o sábado 22 de febreiro en Santiago de Compostela dentro do ciclo Compostela Rock. O concerto será na Sala Capitol a partir das 21:00 horas. Nel, a banda liderada por Leonor Watling presentará o seu último disco, Un día extraordinario.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O Auditorio acolle este sábado unha representación familiar de "O Crebanoces"
A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentaron o espectáculo O Crebanoces, que se representará mañá sábado, ás 18:30 horas, na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. Participou tamén na rolda de prensa a actriz protagonista do espectáculo, Larraitz Urruzola.
COMERCIO
Casetas con fins sociais na Alameda
A concelleira de Comercio, Reyes Leis anunciou esta mañá en rolda de prensa que durante este Nadal se instalarán no paseo central da Alameda, antes da xa estreada pista de xeo, sete casetas nas que difundirán as súas actividades diversas entidades de carácter social, e nas que tamén se recollerán alimentos, roupa e xoguetes.
CULTURA
"Burning Hearts", de James McFay, gaña o premio internacional de Curtocircuíto 2013
Curtocircuíto, festival organizado polo Concello de Santiago, co-financiado pola Deputación da Coruña e coa colaboración de diversas entidades, entregou os premios da súa décima edición. Repartíronse premios valorados en 12.000 euros nas oito categorías a concurso. O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu a cerimonia.