ALCALDÍA
O Concello de Santiago súmase aos actos de homenaxe a Segundo Hevia
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á presentación do acordo institucional que permitirá levar a cabo as actividades de homenaxe a Segundo Hevia. O Concello súmase así á Cámara de Comercio, ao Real Aeroclub, á Real Sociedade Económica de Amigos do País e á Fundación Novacaixagalicia para organizar unha serie de eventos que se iniciarán este mércores, 6 de novembro, coa apertura dunha exposición de 80 acuarelas do artista.
ALCALDÍA
O Concello e Turismo de Galicia rubrican un convenio para a adecuación do Camiño Francés no termo municipal
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez, asinaron un convenio de colaboración en virtude do cal Turismo de Galicia, a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, achegará 50.000 euros para financiar os traballos de adecuación do Camiño Francés no termo municipal.
XUVENTUDE
A Concellería de Xuventude pon en marcha "Compostela Actúa", programa de dinamización das artes escénicas e musicais
A Concellería de Xuventude pon en marcha un novo programa, Compostela Actúa, de dinamización das artes escénicas e musicais. Con esta iniciativa quere ofrecerse alternativas divertidas e formativas no ámbito da música e da escena, fomentando a creatividade dos mozos e mozas de Santiago.
PLENO
O Pleno aproba a baixada do IBI e a conxelación do resto de taxas en 2014
A Corporación municipal aprobou nun Pleno extraordinario as ordenanzas fiscais para o ano 2014. A principal novidade é a baixada do Imposto de Bens Inmobles (IBI), que permitirá o aforro dunha media de 19 euros en todo os recibos. Ademais, mantéñense conxeladas o resto de taxas e prezos públicos.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Centros Socioculturais e Ditea renden homenaxe a Agustín Magán
A Concellería de Centros Socioculturais e o grupo de teatro de cámara Ditea organizan, do 5 ao 9 de novembro, no Centro Sociocultural de Santa Marta, a Semana de Agustín Magán. Na sala que leva o seu nome, Agustín Magán será o protagonista dun calendario de actividades que inclúe unha representación teatral, obradoiros, unha mesa redonda, unha exposición e un acto de homenaxe.
XUVENTUDE
Santiago acolle a exposición dos finalistas de artes plásticas do certame "Xuventude Crea"
A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, acompañou o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, na inauguración da exposición dos traballos finalistas da modalidade de artes plásticas (fotografía, escultura e pintura) do certame Xuventude Crea, organizado pola Consellería de Traballo e Benestar. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 14 de novembro na igrexa da Universidade.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Inaugúrase a exposición "Os cines de Compostela. Fotogramas da nosa historia"
O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya inaugurará este martes 5 de novembro, as 20:30 horas, a exposición documental Os cines de Compostela. Fotogramas da nosa historia, producida dende o Departamento de Centros Socioculturais para o programa Compostela Cine Classics 2013. Estará no CSC das Fontiñas ata o 30 de novembro.