EMPREGO
O paro descende en Santiago un 2,53% respecto a outubro do ano pasado
En outubro do 2013 houbo 8.834 persoas rexistradas no paro na cidade, fronte ás 9.063 de outubro do 2012. O número de persoas paradas aumentou en 157 persoas respecto do mes de setembro, un 1,81%, sendo o segundo mellor mes da serie dende 2006.
EMPREGO E COMERCIO
Vinte e catro persoas participan no Obradoiro de Emprego "Santiago Impulsa"
A concelleira de Economía, Emprego, Comercio e Turismo, Reyes Leis, visitou os participantes e o persoal do Obradoiro de Emprego Santiago Impulsa II, co obxecto de coñecer o seu funcionamento e actividades.
SOSTIBILIDADE
Unha auditoría analizará 28.000 puntos de alumeado público e marcará as directrices para unha maior eficiencia enerxética
Unha auditoría enerxética analizará 28.000 puntos de luz do alumeado público e 645 postos de mando, co obxectivo de marcar as directrices para un maior aforro enerxético e un incremento da sostibilidade. Este estudo será fundamental cara a elaboración do prego do contrato de mantemento da iluminación pública e para determinar os investimentos necesarios nesta materia. O obxectivo do Goberno local é lograr máis dun 40% de aforro na factura eléctrica.
XUVENTUDE
Comeza o Curso de Iniciación á Fotografía Dixital organizado por Xuventude
A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, asistiu na Casa das Asociacións de Cornes á primeira sesión do Curso de Iniciación á Fotografía Dixital, organizado polo seu Departamento.
ALCALDÍA
A Fundación Barrié recibiu o Premio do Grupo de Cidades Patrimonio polo seu labor de mecenado cara a Catedral de Santiago
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España entregou nun acto celebrado no patio da Casa Lis de Salamanca o premio Patrimonio 2013 á Fundación Barrié, polo seu mecenado e compromiso pola recuperación e conservación do patrimonio a través do Programa Catedral de Santiago, protagonizado polo proxecto de conservación e restauración do Pórtico da Gloria. O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á cerimonia.