CENTROS SOCIOCULTURAIS
"Vive o Nadal 2013" programa 200 accións en 37 centros socioculturais e outórgalle un protagonismo especial á maxia
A Concellería de Centros Socioculturais pon en marcha unha nova edición de Vive o Nadal, cunha variada proposta de actividades socioculturais que comezan xa neste mes de novembro e que terán continuidade ata os primeiros días de xaneiro de 2014. Serán máis de 200 accións distintas en 37 centros socioculturais. Ademais, o programa conta novamente cun servizo de actividades matinais de conciliación para as familias compostelás, con 195 prazas repartidas entre oito centros socioculturais.
TURISMO
Santiago promociónase en Bollywood
A Santiago de Compostela Film Commission, servizo de Turismo de Santiago para a promoción audiovisual da cidade que ten colaborado xa con grandes producións cun importante impacto turístico como The Way, desenvolverá diferentes accións de promoción en Bollywood. Estas accións serán posibles grazas á invitación do presidente da Asociación de Produtores de Cine e Televisión da India, Kulmeet Makkar, quen visitou Santiago a comezos de agosto convidado polo Clúster do Audiovisual Galego, a Spain...
XUNTA DE GOBERNO
O Concello reparará e adaptará á normativa vixente os parques infantís e os circuítos biosaudables do municipio
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou o inicio do expediente para contrata ro servizo de reparación e adaptación á normativa vixente das áreas de xogos infantís e circuítos biosaudables. Tamén se aprobou o proxecto de traslado da caseta da antiga oficina de turismo da praza de Galicia, na que agora se construirá un parque.x
ALCALDÍA
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade entregará mañá venres o seu Premio á Fundación Barrié
O alcalde compostelán, Ángel Currás, participará este sábado 16 de novembro, en Salamanca, na Asemblea Xeral do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España, máximo órgano de goberno da entidade. Á reunión, que se celebrará ás 10:00 horas no Salón de Recepcións do Concello, asistirán os alcaldes das 13 cidades membros desta entidade.
RELACIÓNS VECIÑAIS E CENTROS SOCIOCULTURAIS
Publicada a convocatoria provincial de axudas a entidades privadas para a promoción de actividades de interese público
A Concellería de Relacións Veciñais e de Centros Socioculturais informa da publicación este xoves, 14 de novembro, no número 217 do Boletín Oficial da Provincia (BOP) fas bases reguladoras das convocatorias de subvencións da Deputación Provincial da Coruña dirixidas a entidades privadas (iniciativa social sen ánimo de lucro ou de carácter mercantil) para o exercicio 2014.
MEDIO AMBIENTE
O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela organiza un magosto ambiental
O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) continúa coa súa actividade en novembro. Ademais de recibir a centros escolares cada semana, o CIAC organiza actividades para a cidadanía en xeral as fins de semana. Así, o sábado 16 de novembro celebrarse un magosto no que se degustarán as tradicionais castañas asadas e se realizarán actividades ambientais vinculadas á nosa cidade, con especial atención ao tema dos residuos.
XUVENTUDE
Primeira xornada do programa de Xuventude "Aventúrate nas fins de semana"
Este fin de semana terá lugar a primeira xornada de "Aventúrate nas fins de semana", actividade organizada pola Concellería de Xuventude, nas instalacións do Centro Xuvenil Don Bosco.
ALCALDÍA
O alcalde destaca o papel da enfermería na humanización da medicina
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu no Auditorio Novagalicia Banco á inauguración das Xornadas Nacionais de Enfermería, que se celebran en Santiago os días 14 e 15 de novembro. O lema do evento, "Camiñando xuntos, compartindo experiencias", quere honrar o Camiño de Santiago, loar a integración dos profesionais dos diferentes niveles asistenciais e propiciar a comunicación das mellores prácticas entre os profesionais das distintas xerencias.
CULTURA
Jorge Tur e Jordi Cadena presentan os seus filmes na xornada do venres en Cineuropa
Ata 18 sesións de cinema na xornada do venres 15, que vén cargada de citas interesantes. Jorge Tur e Jordi Cadena presentarán os seus filmes Dime quien era Sanchicorrota e La por no Salón Teatro ás 18:00 e 20:00 horas, respectivamente. E tamén contaremos coa presenza de Iván Castiñeiras, Clara Sobrino, David Castro e Carla Fernández Aguirre presentando os seus traballos na sección de Panorama Audiovisual Galego.