ALCALDÍA
Fademga, Special Olympics Galicia e o Colexio La Salle preparan a gala de entrega de premios das ligas 2013
O alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto co concelleiro de Deportes, Adrián Varela, recibiron a directora do Colexio La Salle, Mar Fernández Balboa; o presidente do Club Fademga, Antonio Fuentetaja; e o presidente de Special Olympic Games Galicia, Eladio Fernández.
ALCALDÍA
O Premio Antonio Fraguas busca un ano máis os mellores traballos de investigación sobre o traxe tradicional galego
A Asociación do Traxe Galego, coa colaboración do Concello e do Centro Comercial Compostela convoca a XIX edición do Premio de Investigación Antón Fraguas sobre o Traxe Galego. Unha vez máis premiaranse os mellores traballos descritivos e analíticos sobre esta indumentaria.
DEPORTES
O Concello substituirá o campo de fútbol de terra a carón do Hospital Psiquiátrico de Conxo por outro de herba sintética
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asinou un acordo coa conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, sobre a concesión demanial dos espazos deportivos existentes no Hospital Psiquiátrico de Conxo. O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asistiu tamén na Consellería de Sanidade a este acto de sinatura, que fai posible que o Concello asuma o acondicionamento destas instalacións.
BENESTAR SOCIAL
As Aulas da Terceira Idade incorporan novas actividades en Santiago este curso 2013-2014
A Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos inaugurou o curso 2013-2014 das Aulas da Terceira Idade de Galicia (Ategal). O acto, celebrado no Colexio Maior San Agustín, contou coa presenza da concelleira de Benestar Social, María Castelao; da secretaria xeral de Política Social da Xunta de Galicia, Coro Piñeiro; e do vicerrector de Estudantes, Cultura e Formación Continua da Universidade de Santiago, Francisco Durán. A coordinadora xeral de Ategal, Paula Sande Nieto, presentou o novo curso e o presidente da entidade,...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Nadal en Portugal para pechar a edición 2013 do programa "Imos de excursión"
A Concellería de Centros Socioculturais, no marco do programa Imos de excursión 2013, abre este xoves 14 de novembro, a partir das 17:00 horas, o prazo de inscrición na excursión "Nadal en Portugal", que se realizará o domingo 15 de decembro.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago inicia a restauración do retablo pétreo da fachada principal do convento das Nais Mercedarias
O Consorcio de Santiago está a iniciar os traballos de restauración do retablo pétreo da fachada principal do convento das Nais Mercedarias. As obras adxudicáronse á empresa Tomos, centrada na conservación e restauración arqueolóxica. O equipo técnico está integrado por tres restauradores, que contarán coa colaboración puntual dalgún canteiro. Está previsto que os traballos, que dispoñen dun orzamento de 19.904 euros, estean rematados en tres meses.
CULTURA
Ton Risco Quinteto en concerto dentro dos ciclos Sons’13 Jazz e Cineuropa Concerto
O ciclo Sons ’13 ofrece este mércores 13 un novo concerto na Zona C dentro da súa sección Sons’13 Jazz. Será con Ton Risco Quinteto, que presenta o seu novo disco, Impronunciable. O concerto está enmarcado tamén no programa Cineuropa Concerto. As entradas para o mesmo poden mercarse na billeteira do teatro principal no seu horario habitual e na Zona C o mesmo día do concerto. Os prezos son de 5 euros anticipada; 6 o día do concerto e un prezo especial de 10 euros por entrada+CD.
CULTURA
Os cataláns Mishima incorpóranse a Primavera Sound Touring Party en Santiago como substitutos de Antònia Font
O quinteto catalán Mishima actuará o domingo 24 de novembro na Sala Capitol de Santiago de Compostela como artista convidado en lugar dos mallorquinos Antònia Font, que finalmente non poderán participar na Primavera Sound Touring Party, segundo estaba previsto, por motivos de saúde do cantante da banda.
CULTURA
Primeiro pase de "Quai d’Orsay", premio FIPRESCI e mellor guión en San Sebastián, nunha nova xornada de Cineuropa
Continúa a programación diaria de Cineuropa e na xornada do mércores 13 poderemos ver un total de 12 filmes no Teatro Principal, Salón Teatro e CGAC. Entre eses filmes, pasarase a primeira función de Quai d’Orsay, o filme de Bertrand Tavernier que vén de gañar en San Sebastián o Premio FIPRESCI da crítica e o mellor guión. Ademais, teremos a última oportunidade para ver outro dos filmes premiados en San Sebastián: La Herida, de Fernando Franco, e Camille Claudel, 1915, de Bruno.../em>