EDUCACIÓN
Educación achega a Constitución aos máis pequenos no seu 34º aniversario
A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, participou no acto de conmemoración do 34º aniversario da Constitución organizado polo Concello no CEIP Monte dos Postes. Nenos e nenas de primaria leron artigos do texto e a concelleira repartiu exemplares entre os escolares.
MEDIO RURAL E URBANISMO
Levántase a suspensión de concesión de licenzas en catro zonas no ámbito do Camiño
A entrada en vigor o sábado 8 de decembro do decreto autonómico polo que se aproba a delimitación do Camiño Francés no concello de Santiago permitirá levantar a suspensión de concesión de licenzas en catro zonas do municipio situadas no ámbito desta ruta: Lavacolla, San Marcos, Ponte San Lázaro e San Paio. Isto será posible en virtude dunha disposición transitoria incluída na norma a solicitude do Concello de Santiago.
URBANISMO
Licitada a concesión de uso para a xestión dun bar-cafetería no quiosco da Alameda
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 5 de decembro publicou a licitación da concesión de uso privativo do dominio público municipal para a explotación de bar-cafetería no quiosco do paseo alto da Ferradura, na Alameda de Santiago. Os interesados teñen ata o 20 de decembro para presentar as súas propostas.
ALCALDÍA
Unha exposición amosa en Fontiñas as cinco décadas de vida da S.D. Compostela
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e varios membros da Corporación asistiron á inauguración da exposición con motivo do 50 aniversario da S.D. Compostela instalada no Centro Sociocultural das Fontiñas.