COMERCIO
O pequeno comercio compostelán agasalla a súa clientela polo Nadal
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, acompañada por Laura Insausti, de Eladiz; Leonor Díaz, de Como Pez en el Agua; e Eva Sánchez, de Matrioska, presentou no Pazo de Raxoi unha nova iniciativa coa que o pequeno comercio compostelán quere agasallar a súa clientela neste Nadal e na que colabora o Concello de Santiago.
PARQUES E XARDÍNS
O novo parque de Ramírez incorporará catro áreas de xogo, unha pista deportiva e dous circuítos biosaudables
A concelleira de Obras, Infraestruturas e Medio Ambiente, María Castelao, deu conta da adxudicación da reforma do parque de Ramírez á empresa HPC por un importe de 350.001,77 euros máis IVE. Así, comezarán de inmediato e cun prazo de execución de catro meses, unhas obras que deixarán un parque moito máis versátil e seguro, con catro áreas de xogo, unha pista deportiva e dous circuítos biosaudables.
URBANISMO
Adxudicada a redacción do proxecto de demolición das terrazas e reurbanización do polígono de vivendas de Vista Alegre
No prazo de dous meses terá que estar redactado o proxecto de demolición de terrazas e reurbanización do polígono de vivendas de Vista Alegre. Así o indicou a concelleira de Urbanismo, María Pardo, unha vez adxudicado o devandito proxecto ás arquitectas Cristina Ezcurra e Cristina Ouzande.
ALCALDÍA
Concello e Deputación da Coruña renovan a súa colaboración en materia de turismo
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asinaron un convenio de colaboración no Plano de Competitividade Turística. En virtude deste acordo, o organismo provincial achega 115.000 euros (o 80% do investimento) para diferentes accións turísticas en materia gastronómica, feiral ou de convencións, entre outras.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS
Remata o prazo de xustificación das subvencións ás asociacións veciñais
A Concellaría de Participación Cidadá e Centros Socioculturais lembra que o mércores 5 de decembro remata o prazo para que as asociacións de veciños que teñen concedida a subvención para o exercicio 2012, acheguen a documentación xustificativa dos gastos.
TURISMO
Turkish Airlines unirá Santiago con Estambul a partir de maio de 2013
Turkish Airlines unirá Santiago con Estambul a partir de maio de 2013 con voos os martes, venres e domingo, cun enlace que pretende dar servizo a toda Galicia. Os billetes están xa á venda. Turkish Airlines foi recoñecida como a mellor aerolínea de Europa nos Skytrax World Airline Awards de 2011 e 2012. Actualmente, a compañía voa a 92 países.