CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ábrese o prazo de preinscrición nos obradoiros para bebés "Medrar en familia"
O martes 11 de decembro, ás 10:00 horas, ábrese o prazo de preinscrición para os obradoiros de pais e nais con bebés que co título Medrar en familia organiza a Concellaría de Centros Socioculturais dentro do programa Vive o Nadal 2012.
VÍAS E OBRAS
Case 350.000 euros para obras no Ensanche e unha nova beirarrúa na rúa das Mulas
O concelleiro de Vías e Obras, Juan de la Fuente, presentou o proxecto de mellora de beirarrúas no Ensanche, no que se investirán 228.838 euros. Ademais, deu conta dunha subvención da Consellería de Economía e Industria que permitirá completar a obra dunha nova beirarrúa na rúa das Mulas (Meixonfrío) e outras actuación no Polígono do Tambre.
COMERCIO
#nadalamos convida a composteláns e visitantes a gozar das festas na cidade
O Concello de Santiago quere que os composteláns e os visitantes podan gozar das festas na cidade cun amplo programa de actividades, englobadas baixo o novo concepto #nadalamos. Non obstante, #nadalamos vai máis alá dun conxunto de actividades xa que pretende transmitir múltiples sensacións: ilusionar, felicitar, compartir, decorar, agasallar, degustar, cantar, sorprender, participar; en síntese, nadalar.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Recuperado o proxecto de acondicionamento sociocultural da Casa de Brandía
Nunha rolda de prensa conxunta, os concelleiros de Centros Socioculturais, Francisco Noya, e de Barrios, Juan de la Fuente, anunciaron a inminente contratación da obra de acondicionamento da Casa de Brandía (Vidán) como centro sociocultural. Esta actuación será sufragada pola Deputación da Coruña, que achegará 175.844 euros.
ALCALDÍA
O alcalde participou nos actos con motivo da festividade da patroa do Exército do Aire
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu en Lavacolla aos actos con motivo da festividade da Virxe de Loreto, patroa do Exército do Aire.
CULTURA
"Gharbo!" e "El montaplatos" pechan o ciclo Teatro&Danza 2012 no Principal
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou presentou as dúas obras que quedan dentro do ciclo Teatro&Danza neste 2012: Gharbo!, o día 12, e El montaplatos, o 19. Na rolda tamén estiveron, para presentar Gahrbo!, Nelson Quinteiro, director escénico; Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero, músicos; Iván Villar, coreógrafo; e Mercedes Suárez, directora do Centro Coreográfico Galego.
TRÁFICO
A Policía Local e a Garda Civil realizaron máis de 350 controis durante a ponte da Constitución
Durante a pasada ponte a Garda Civil de Tráfico de Santiago e a Policía Local efectuaron controis conxuntos e coordinados nas zonas limítrofes da cidade. En total, foron controlados 360 condutores, tramitáronse 15 denuncias administrativas e instruíuse un atestado.