NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Aberto o prazo de inscrición para o obradoiro ambiental "Falando en verde"
Os días 1, 2, 3, 6, 7, 8 e 9 de setembro celebrarase na Casa das Asociacións de Cornes (Conxo), unha nova edición do obradoiro ambiental Falando en verde, organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística. Está dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos.
CULTURA
O Festival dos Abrazos viaxa arredor do mundo da man dos ritmos afro
A Banda Afrofunk, Batbirulau, Aburoruga, Martins-Legido-Calvo Trío e as curtas de Curtocircuíto na Rúa serán os protagonistas da xornada do xoves 19 no Festival dos Abrazos. Con todo, haberá que estar pendente do tempo por se é preciso modificar algún dos concertos.
EMPREGO
O Boletín Máiscompostela alcanza o número 75 con máis de 12.000 ofertas publicadas
O Boletín de ofertas de emprego Máiscompostela da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, saca á rúa o seu número 75. Dende que se comezou a editar, o 15 de outubro de 2009, leva publicadas máis de 12.000 ofertas de emprego (véñense publicando unhas 170 ofertas en cada número).