EDUCACIÓN
A edición de setembro da Escola Municipal de Verán acollerá a máis de 300 rapaces por día
A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, visitou esta mañá os colexios nos que se vai celebrar a oitava edición da Escola Municación de Verán na súa convocatoria de setembro con motivo do inicio das actividades. Nestas xornadas previas ao comezo do curso escolar, preto de 300 rapaces por día terán a oportunidade de participar nun programa cunha completa oferta lúdica e educativa. Será os días 2, 3, 4, 7, 8 e 9 de setembro nos colexios López Ferreiro, Pío XII, Fontiñas e Colexiata...
CULTURA
O 'X Ciclo de Lied' dará a coñecer aos grandes compositores do xénero
O 'Ciclo de Lied de Santiago de Compostela' achegará un ano máis ao Teatro Principal o xénero musical xermánico. Esta mañá foi presentada na Casa do Concello a programación deste ciclo, que como cada ano estará composto por catro concertos e unha conferencia explicativa. No acto estiveron presentes Socorro García, concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Ignacio Santos, director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, e Víctor Carou, presidente da Asociación Lírica Galega.
ALCALDÍA
Os empresarios da cidade trasládanlle ao alcalde a súa preocupación pola situación do aeroporto
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, convocou esta mañá no Pazo de Raxoi a representantes da Cámara de Comercio, da Asociación de Hostelería de Santiago e da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, para abordar a situación do aeroporto de Lavacolla. Na reunión tamén estivo presente o concelleiro de Turismo, Xosé Manuel Iglesias.