RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E EDUCACIÓN
Santiago e Asissi fortalecen os seus estreitos lazos a través do Camiño
Os concelleiros de Relacións Institucionais, Andrés Fariña, e de Educación, Mercedes Rosón, recibiron en Raxoi a un grupo de escolares da cidade italiana de Assisi, irmandada con Santiago, días despois de rematar o Camiño.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Compostela, punto de encontro internacional para o debate sobre a lingua española
Os participantes no VIII Congreso Internacional da Historia da Lingua Española foron recibidos en Raxoi polo concelleiro de Relacións Institucionais, Andrés Fariña, e parte da Corporación. Este acto forma parte do programa deste prestixioso encontro, que se celebra na cidade do 14 ao 18 de setembro.
CULTURA
Ampliado unha semana o prazo de participación no Concurso de Guións "Compostela Plató"
O Concurso de Guións Compostela Plató amplía unha semana, ata o 22 de setembro, o seu prazo de participación. A organización do festival Curtocircuíto decidiu esta ampliación para tentar equiparar o prazo de envío cos de edicións pasadas.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ábrese o prazo de matrícula nos obradoiros da Rede de Centros Socioculturais para o último trimestre de 2009
Logo das actividades específicas do verán, a Rede de Centros Socioculturais retoma as actividades habituais no último trimestre do ano. O martes 15 de setembro ábrese o prazo de matrícula nos distintos obradoiros e cursos que ofrece a Rede, aínda que dependendo da actividade o prazo será diferente, polo que se recomenda aos interesados que o consulten no CSC do seu barrio ou parroquia.