BENESTAR SOCIAL
Máis de 290.000 euros para prestación de servizos sociais
A Xunta de Goberno local deu conta da concesión, pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, dunha subvención para a prestación se servizos sociais, por un importe de 292.956 euros. Esta achega permitirá a prórroga dalgúns dos programas existentes e o financiamento doutros novos.
MEDIO AMBIENTE
Apróbase o proxecto da Aula de Coñecemento do Medio Rural en Portela (Villestro)
A antiga escola da Portela (Figueiras) converterase en breve na Aula de Coñecemento do Medio Rural. O Goberno local deu o visto bo ao proxecto e á licitación das obras, que suporán un investimento de 441.606 euros. O prazo de execución será de seis meses.
INFRAESTRUTURAS
As piscinas de Sar contarán con novos vestiarios
A Xunta de Goberno local aprobou a contratación das obras do proxecto de reforma dos vestiarios das piscinas exteriores do Multiusos Fontes do Sar. As obras saen cun tipo de licitación de 204.919 euros e un prazo de execución de seis meses. O proxecto é obra do arquitecto Jorge Barata, está financiado polo Consorcio de Santiago.
BENESTAR SOCIAL E MULLER
O alcalde anuncia a implantación das prestacións de comedor e de lavandería sobre rodas de xeito continuado
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que as prestacións sociais de comedor e de lavandería sobre rodas funcionarán de xeito continuado a partir do último trimestre do ano. Ademais, comunicou que se producirá un aumento das axudas a domicilio ata as 118 persoas, co que desaparecerá a lista de espera e, para 2008, incrementarase ata os 150 usuarios. Tamén en teleasistencia se aumentarán a 150 as terminais.
ALCALDÍA
Os empresarios composteláns e a Mancomunidade manifestan tamén o seu apoio ao proxecto da Cidade da Cultura
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo unha xuntanza cos representantes dos empresarios composteláns, na que estes se sumaron tamén ao apoio ao proxecto da Cidade da Cultura. Na xuntanza participaron o presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey; o presidente da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre, Jesús Chenel; e os presidentes da Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago de Compostela e Comarca (Restauración e Hospedaxe), Juan Silva e Manuel...
CULTURA
O concerto inaugural do VIII Ciclo de Lied contará con Susan Bickley, Stephan Loges e o pianista Roger Vignoles
O martes 11 de setembro terá lugar o concerto inaugural do VIII Ciclo de Lied Santiago de Compostela. O concerto, que comezará ás nove da noite no Teatro Principal, contará coa presenza da mezzosoprano inglesa Susan Bickley, do barítono alemán Stephan Loges e do pianista Roger Vignoles, que interpretarán un programa dedicado a William Shakespeare.