CULTURA
Galicia e Euskadi unidos a través da música sinfónica
O grupo de musica sinfónica vasco Tirri Tarra presenta en Galicia o seu espectáculo "Luz Negra/Argi Beltz", expresión do seu segundo disco, que leva o mesmo nome. Máis de 80 persoas subiranse ao escenario da Praza da Quintana, o sábado 4 ás 22:30 horas, nun concerto no que tamén participarán o Orfeón Terra a Nosa e a Orquestra Sotto Voce.
ALCALDÍA
O alcalde expresa a súa "plena satisfacción pola total sintonía co presidente da Xunta" nos temas que afectan á cidade
Na súa habitual rolda de prensa dos venres, o alcalde valorou a entrevista mantida o mércores 1 de agosto co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. Sánchez Bugallo repasou os temas da xuntanza e expresou a súa "plena satisfacción pola total sintonía" co titular do Goberno autonómico.
CULTURA
O Encontro de Malabaristas, as Galas Maraclown Solidario e a Clown Session, novidades na fin de semana de peche do Festiclown
O Festiclown chega ao seu remate cunha fin de semana cargada de actividades. Ás seccións dos días anteriores únense sábado e domingo o II Encontro de Malabaristas, as Galas do Maraclown Solidario e a Clown Session. Así, na xornada de sábado tempo para gozar de novo co Maraclown polas rúas e, ás 19:00 horas, a primeira das galas do Maraclown Solidario. O Festiclown convoca estas galas por primeira vez co obxectivo de recadar fondos para a realización dunha nova caravana de Pallasos do Festiclown aos Municipios...
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Abre as súas portas a primeira ludoteca para nenos e nenas de entre tres e doce anos
O luns 6 de agosto, ás 19:00 horas, a ludoteca infantil Gazafello inaugura as súas instalacións na rúa da Torreira cun programa de actividades gratuíto pensado para que tanto os nenos e nenas como os seus pais e nais poidan coñecer o seu local e os servizos que ofertan. Gazafello é unha empresa nacida a partires do Proxecto Equal Compostela Social, impulsado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo.