FESTAS

O pregón do actor Manuel San Martín e a actuación de Rosa dan comezo ás Festas do Apóstolo

14/07/2006

As Festas do Apóstolo arrincan coa lectura do pregón, que correrá a cargo do actor galego Manuel San Martín. Para este compostelán de nacemento supón "un soño que a miña cidade me elixise para inaugurar as festas do Apóstolo. Tras pasar un tempo fóra da miña cidade é todo un orgullo e unha emoción indescritible volver ás miñas raíces con este encargo. Isto non é máis cun regalo para min, algo que só ocorre unha vez na vida e que penso gozar como un...

Leer más

PORTAL MUNICIPAL

O portal do Concello, entre as dez mellores webs municipais de España

14/07/2006

A páxina do Concello de Santiago é unha das dez mellores webs municipais de España, segundo a "VI Radiografía de webs municipais" realizada polo xornal El País. O portal de Compostela sitúase no oitavo posto da lista, ascendendo trece postos respecto á cualificación do pasado ano. A de Santiago é a mellor páxina entre as galegas e recibe cada mes unha media de 65.000 visitas. O informe valóraa como "moi útil".

Leer más

PARQUES E XARDÍNS

O campo da festa de Roxos cambia de cara

14/07/2006

Os veciños de Roxos, na parroquia de Villestro, poden xa gozar do seu novo campo da festa, trala completa remodelación e mellora que vén de realizar o departamento de Parques e Xardíns. O Concello investiu 39.000 euros nestas obras, que permitiron acondicionar este espazo e dotalo de novos equipamentos.

Leer más

ALCALDÍA

O novo enlace entre Sar e Pontepedriña abrirase o venres 21 de xullo

14/07/2006

O vieiro Sar-Pontepedriña abrirase o vindeiro venres 21 de xullo, segundo anunciou o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo. Ao acto asistirá o secretario de Estado de Infraestruturas e Planificación, Víctor Morlán Gracia. Este novo enlace permitirá aliviar a circulación nunha das principais áreas de entrada á cidade.

Leer más

TURISMO

CurtoCircuíto 2006 recibiu 475 curtametraxes de todo o mundo

14/07/2006

O Concurso Compostela CurtoCircuíto incrementou considerablemente este ano o seu nivel de participación: un 64 por cento máis que na pasada edición. A participación estranxeira incrementouse nun 13 %. A 475 ascende o número de curtas recibidas, todo un éxito de participación que contribúe á consolidación deste Festival Internacional como referente dentro da curtametraxe entre os certames deste xénero cinematográfico.

Leer más
Compartir: