PROMOCIÓN ECONÓMICA

O recinto feiral de Amio acollerá un mercado de saldos

08/02/2007

O concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, presentou a convocatoria para que os comerciantes participen de forma gratuita en "Outlet Compostela", a primeira de saldos que se celebra en Santiago; e o microsite sobre o programa de dinamización comercial Marzo, mes do Comercio, no que está incluído o Outlet, e ao que se pode acceder dende a páxina da Concellaría www.maiscompostela.org.

Leer más

EIXO ATLÁNTICO

O Eixo Atlántico presenta a Axenda Estratéxica 2007-2013

08/02/2007

Os alcaldes dos 18 principais concellos de Galicia e o norte portugués celebran mañá en Vila Nova de Gaia a súa XXIII Asemblea Xeral. As infraestruturas e a Axenda Estratéxica a desenvolver nos próximos sete anos centrarán as sesións de traballo. Nesta xornada, ademais, o Eixo Atlántico cambiará a súa forma xurídica e converterase nunha Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT), a fórmula aconsellada pola UE.

Leer más

EDUCACIÓN

Unha nova unidade didáctica achega aos escolares o fenómeno da inmigración

07/02/2007

Durante os últimos tres anos, o Foro de Inmigración, en colaboración coa Concellaría de Educación e Mocidade, leva desenvolvendo diferentes campañas de sensibilización do alumnado compostelán ante o fenómeno migratorio. Froito das experiencias acumuladas neste tempo, xorde a unidade didáctica "En cada rostro igualdade".

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Villestro explora a súa historia

07/02/2007

No Local Social de Villestro, no lugar de Quintáns, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a exposición sobre o barrio de Villestro incluída dentro do programa "A historia vai por barrios".

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

A historia chega a Villestro

06/02/2007

O Centro Sociocultural de Villestro acollerá dende o mércores 7 a terceira exposición das organizadas dentro do proxecto "A historia vai por barrios". Trala Trisca e A Rocha, recupérase agora a memoria histórica dun barrio rural cunha longa historia e de singular transcendencia para o desenvolvemento da cidade.

Leer más
Compartir: