PLAN ESTRATÉXICO

Compostela será "a porta da Galicia dinámica e innovadora" grazas á aprobación do Plan Estratéxico

08/01/2007

O Plan Estratéxico está a piques de pechar a súa terceira fase de desenvolvemento. Así, o luns 8 o Auditorio de Galicia acolleu a reunión do Comité Directivo do Plan, onde se presentaron as principais conclusións, coa presentación dos obxectivos e a definición das liñas estratéxicas. A mediados deste mes convocarase o Consello Económico e Social, que, previsiblemente aprobará o documento para pasar á cuarta fase, que abarca o desenvolvemento dos obxectivos, a definición do proxecto e os...

Leer más

ALCALDÍA

Conclúe a fase de redacción do Plan Estratéxico

05/01/2007

O luns 8 reunirase a Comisión de Dirección do Plan Estratéxico, o que supón un impulso definitivo para o remate da fase de redacción do mesmo. Tamén ese mesmo día será revisado polo Consello Económico e Social.

Leer más

ALCALDÍA

Luz verde ao novo complexo docente do Colexio Manuel Peleteiro

05/01/2007

O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo anunciou as liñas do proxecto que permitirá substituír as actuais instalacións do Colexio Manuel Peleteiro por outras no Monte Redondo, en Montouto. O novo complexo comprende un ámbito de actuación de 68.822 metros cadrados e un investimento de 21 millóns de euros.

Leer más

INFRAESTRUTURAS

Aberta ao tráfico a Rúa de Sar

04/01/2007

A Rúa de Sar está xa aberta ao tráfico, tras concluír a súa reurbanización. A apertura é posible unha vez rematadas as obras do tramo comprendido entre o paso baixo a avenida de Lugo e o cruce coa rúa do Olvido.

Leer más

FESTAS

Santiago estrea Banda de Cornetas e Tambores

03/01/2007

A Cabalgata de Reis será o primeiro acto no que tomará parte a nova Banda de Cornetas e Tambores de Santiago. A nova formación está composta por nove percusionistas e cinco cornetas e participará a partir de agora en diversos actos institucionais.

Leer más

FESTAS

Os Reis Magos repartirán 2.500 quilos de caramelos

03/01/2007

O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentou as actividades previstas con motivo da Cabalgata de Reis. As súa Maxestades chegarán un ano máis en tren, dando paso a un multitudinario percorrido no que participarán 230 figurantes e 10 carrozas.

Leer más
Compartir: