CENTROS SOCIOCULTURAIS

Fontiñas abre o seu encontro cos sentidos

05/06/2007

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Centros Socioculturais, Guadalupe Rodríguez, inauguraron a VI Semana Cultural do centro de Fontiñas. As diferentes actividades, agrupadas baixo o denominador "Con todos os sentidos", desenvolveranse do martes 5 ao sábado 9 de xuño.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

A VI Semana Cultural de Fontiñas invita a xogar cos sentidos

04/06/2007

A concelleira en funcións de Centros Socioculturais, Guadalupe Rodríguez, presentou a VI Semana Cultural do centro de Fontiñas. Baixo o lema "Con todos os sentidos", este espazo ten preparado un amplo programa de actividades para todos do martes 5 ao sábado 9 de xuño.

Leer más

ALCALDÍA

O Camiño de Santiago, en fotografías

02/06/2007

O alcalde compostelán en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou no Hostal dos Reis Católicos a exposición fotográfica "Il Cammino e i Camminatori di Santiago di Compostela". Esta mostra, obra da duquesa dell’Aquila d’Aragona chega a Compostela tras percorrer catro cidades italianas e estará aberta ata o 17 de xuño.

Leer más

CONSORCIO

Máis de 15.000 persoas visitaron a exposición "Santiago dC" no seu primeiro mes de apertura

01/06/2007

Dende a súa inauguración o 25 de abril, 15.563 persoas achegáronse ata "Santiago dC", unha exposición que reflicte a relación existente entre a memoria da cidade e o seu futuro, a relación entre o pasado e os proxectos que a transformaron e ampliaron. A exposición, conmemorativa do XV aniversario da creación do Consorcio de Santiago, pode verse no singular edificio do Banco de España nun horario de 10:00 a 24:00 horas, agás os martes, que permanece pechada.

Leer más
Compartir: