FUNDACIÓN GRANELL

III Certame de arte escolar Eugenio Granell

13/12/2006

O museo Eugenio Granell, coa colaboración do Centro Comercial Área Central, convoca o III Certame de arte escolar Eugenio Granell. Esta iniciativa pretende impulsar a creación plástica entre os escolares, polo que, ademais dos premios que conceda o xurado, o Museo organiza unha exposición coas obras presentadas ao concurso do 14 de decembro ata o 14 de xaneiro de 2007.

Leer más

EMPREGO

Sánchez Bugallo anima aos emprendedores a aproveitar as oportunidades de Compostela

12/12/2006

Fomentar a filosofía do emprendedor no colectivo estudantil é o obxectivo da I Xornada do Emprendedor Compostelán, celebrada no Palacio de Congresos. O evento pretendía aglutinar as diferentes posibilidades que os emprendedores teñen á súa disposición na cidade. É a primeira vez que as organizacións e entidades comprometidas co fomento do autoemprego a través da creación de novas empresas colaboran no desenvolvemento dunha iniciativa deste tipo.

Leer más

BENESTAR SOCIAL

As entidades de acción social de Compostela presentan as súas propostas á Lei de Dependencia

12/12/2006

Despois dun traballo de observación e análise nos últimos meses, as entidades de acción social de Compostela elaboraron un documento con consideracións e propostas á Lei de promoción de autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia foi. Este informe foi presentado nunha xuntanza extraordinaria do Consello Municipal de Servizos Sociais, celebrada no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.

Leer más

BENESTAR SOCIAL

A futura Casa de Asociacións de Servizos Sociais perfila o seu proxecto

12/12/2006

A Concellaría de Benestar Social segue a traballar no proxecto da Casa de Asociacións de Servizos Sociais, co obxecto de constituíla coma un centro de referencia para as entidades de acción social de Compostela. Con este fin celebrouse unha xornada, baixo o subtítulo de "Un modelo de cooperación asociativa", que reuniu no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche a directivos, persoal técnico e voluntariado de organizacións do terceiro sector de acción social.

Leer más

EXPOSICIÓN

O Concello e o Consorcio organizan visitas guiadas á exposición "Intramuros"

12/12/2006

O Consorcio de Santiago, en colaboración coa Concellería de Educación, desenvolverá un programa de visitas guiadas para escolares e adultos á exposición "Intramuros". Deste xeito, todos poderán descubrir polo miúdo a vida e arte dos conventos de clausura grazas a unha mostra pola que xa pasaron 110.000 visitantes.

Leer más

NADAL

Tres semanas para gozar do xeo en Salgueiriños

12/12/2006

Dende o 18 de decembro e ata o 8 de xaneiro permanecerá en Salgueiriños unha pista de xeo, na que novos e maiores poderán gozar da patinaxe sobre esta superficie. Todos terán á súa disposición unha carpa de 1.300 metros cadrados e unha pista de 20 x 30 metros, en amplos horarios e con tódalas facilidades de equipamento.

Leer más

DEPORTES

Máis de 600 persoas asistirán á Gala do Deporte compostelán

12/12/2006

O hotel Porta do Camiño acollerá o venres 15 a Gala do Deporte compostelán. Máis de 600 persoas teñen confirmada a asistencia a este evento, que este ano pretende recuperar a memoria histórica do deporte da cidade e homenaxear a varios dos seus representantes.

Leer más
Compartir: