CENTROS SOCIOCULTURAIS
Recital poético-musical para conmemora o Banquete de Conxo
Este sábado 21 de marzo, Día Internacional da Poesía, ás 18:30h, é a data escollida para facer un acto poético-musical de celebración do Banquete de Conxo.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia e alumnos do Conservatorio de Santiago ofrecen un concerto para o público familiar este sábado
Músicos da Real Filharmonía de Galicia e alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, con idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos, únense para ofrecer un concerto para o público familiar. A cita terá lugar este sábado, ás 18:30 horas, no Auditorio de Galicia. Os xoves músicos teñen así a oportunidade de tocar, ao lado de músicos profesionais, o repertorio propio dunha grande orquestra. Levará a batuta o mestre compostelán Maximino Zumalave, director asociado da...
EDUCACIÓN
Publicada a listaxe de admitidos no Programa Municipal de Conciliación da Semana Santa
Finalizado o prazo para a solicitude de participación no Programa de Conciliación Laboral e Familiar para a Semana Santa 2015, organizado polo Departamento de Educación, faise pública a listaxe de admitidos/as no programa que, finalmente, ao non acadar a matrícula mínima, só se realizará no CEIP As Fontiñas.
ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Alumnos de primeiro curso da Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela visitan o Concello
Un grupo de alumnos e alumnas de primeiro curso da facultade de Ciencias Políticas da USC visitaron esta mañá o Pazo de Raxoi para coñecer de primeira man o funcionamento da Administración local.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
O sector TEIC presentará en Santiago de Compostela solucións innovadoras que melloran a calidade de vida das cidades
A terceira edición do Congreso Cidades Dixitais, a tecnoloxía aplicada a un novo concepto de sociedade, terá lugar os días 21 e 22 de abril en Santiago de Compostela, no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia. Nel presentaranse os últimos avances en tecnoloxía Smart para cidades, rexidos baixo os principios de desenvolvemento sustentable, innovación tecnolóxica e eficiencia na xestión, destinados a mellorar os servizos que se prestan aos cidadáns.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O CSCXM do Ensanche acolle a décima edición da Pascua Polaca en Santiago de Compostela
A Asociación Cultural Polonia en Galicia, por decima vez consecutiva, ofrecerá aos composteláns e aos galegos unha mostra das súas tradicións na Pascua Polaca 2015. Celebrarase este sábado, 21 de marzo, entre las 17:30 e as 19:30 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche (rúa Frei Rosendo Salvado 14-16). O programa inclúe varias actividades para nenos e adultos, como talleres de manualidades, concursos con premios ou degustación de doces típicos de Pascua.
EDUCACIÓN
Alumnos de sexto de primaria do CEIP Raíña Fabiola visitarán Salamanca grazas ao programa "Aula de Patrimonio"
Un grupo de 25 alumnos e alumnas do CEIP Raíña Fabiola visitarán a cidade de Salamanca os días 23, 24 e 25 de marzo, como premio por ser os vencedores deste ano do programa Aula de Patrimonio, unha iniciativa organizada polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España que ten como obxectivo que o alumnado que vive e estuda nunha cidade patrimonio aprenda a coñecer e valorar non só a súa cidade, senón tamén o resto de cidades que ostentan o mesmo título outorgado pola UNESCO.
CULTURA
Rapsusklei, Arce, Martirio & Raúl Rodríguez, Es un árbol, Cró!, a Banda Municipal, a Orquestra do Conservatorio e a Real Filharmonía no programa da fin de semana
O programa cultural desta fin de semana vén cargado de propostas musicais, xa que teremos ata cinco citas con diferentes estilos. Na xornada do venres 20 poderemos escoitar a Rapsusklei e Arce nunha noite de rap e hip-hop na Sala Capitol dentro do ciclo Compostela Rock. Sábado estarán a Orquestra do Conservatorio Profesional e a Real Filharmonía de Galicia no Auditorio de Galicia ofrecendo un concerto familiar; Martirio e o seu fillo Raúl Rodríguez no Teatro Principal dentro do ciclo Sons’15 e Es un árbol e Cro! na Zona C dentro do ciclo...
EDUCACIÓN
Concerto homenaxe dos nenos e nenas da Escola Municipal de Música de Santiago ao compositor Anton García Abril
Este mércores, no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, os máis novos violinistas e pianistas da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela renderon homenaxe ao compositor Antón García Abril nun concerto no que estivo presente o propio autor, acompañado pola concelleira de Educación, Maite Cancelo.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
A nova ordenanza de licenzas axilizará a posta en marcha de actividades e contribuirá a dinamizar a actividade económica
A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, xunto co director técnico da Área, Ignacio Soto, presentou a nova Ordenanza reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa, aprobada inicialmente a pasada semana pola Xunta de Goberno. Esta norma axilizará a tramitación na posta en marcha das actividades e obras de acondicionamento de locais, eliminando trabas burocráticas innecesarias, liberalizando o exercicio de actividades de servizos, en sintonía cos...