EDUCACIÓN
As agrupacións da Escola Municipal de Música ofrecen un concerto en Lugo
Do 17 ao 19 de abril, as agrupacións da Escola Municipal de Música de Santiago realizan unhas xornadas de convivencia co obxectivo de promover a práctica musical en grupo e perfeccionar os seus coñecementos. Os conxuntos, coro e orquestra da Escola realizarán diversas actividades, que se pecharán cun concerto final aberto ao público lugués o domingo 19.
XUVENTUDE
A banda The Codename gaña a primeira final do "MúsicaXove" na categoría de metal
Os seguidores da música metal puideron descubrir a novos grupos da capital galega na Sala Capitol nun concerto múltiple no que participaron Soño Eterno, The Codename e The Weak Force. A segunda edición do Certame MúsicaXove´09, organizado pola Concellaría de Xuventude, volveu despertar moita espectación no ámbito musical da cidade. Este grupos, ademais de tocar nun local tan recoñecido en toda Galicia e a nivel estatal como é a Sala Capitol, competían por gañar este certame e así gravar...
EDUCACIÓN
Catorce representacións para o XIV Certame de Teatro Intercentros
O Certame de Teatro Intercentros alcanza xa a súa XIV edición, con 14 representacións a cargo de trece centros escolares de Santiago e comarca os días 20, 21, 22, 23, 24, 27 e 28 de abril. Os salóns de actos dos institutos Rosalía de Castro e Xelmírez I acollerán un ano máis os espectáculos. A obra gañadora representarase no Teatro Principal.
BENESTAR SOCIAL
Unha mesa redonda aborda o crecente impacto das redes sociais de internet
O vindeiro luns 20 de abril, ás 19:00 horas, no Auditorio de Galicia, celebrarase a mesa redonda Redes sociais, Facebook, Tuenti...: A cara oculta dos amigos dos meus fillos. Este foro, organizado pola Concellaría de Benestar Social e Muller en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, abordará o alcance destas redes e ofrecerá aos pais e educadores información sobre a repercusión das mesmas nas condutas dos seus fillos e alumnos. A entrada é libre.
DEPORTES
Deportes pon en marcha o Programa de Actividade Física Adaptada
A piscina do multiusos Fontes do Sar e do pavillón municipal do Restollal acollerán as actividades do Programa de Actividade Física, nos seus dous módulos: en seco e no medio acuático. Esta iniciativa está dirixida a organizacións de iniciativa social do ámbito socio-sanitario cuxos asociados, pola súa discapacidade, presenten necesidades especiais para a realización da práctica deportiva.
CONSORCIO
O Consorcio rescinde o contrato de execución da obra da rúa de Sar por incumprimento de contrato
O Consorcio de Santiago decidiu, logo de cumprir os trámites legais correspondentes, rescindir o contrato de execución de obra da reurbanización da rúa de Sar á empresa adxudicataria no tramo entre a rúa do Olvido e avenida de Lugo por incumprimento de contrato.
MEDIO AMBIENTE
"Vive a Primavera" ofrece un completo programa de visitas guiadas polos espazos naturais da cidade
A concelleira do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos, presentou a segunda edición do programa Vive a Primavera, que ten como obxectivo a posta en valor dos espazos naturais de Compostela. Estas actividades deseñáronse inicialmente para atender ás necesidades do alumnado dos centros de ensino, máis son abertos a toda a cidadanía. Calquera grupo de persoas que o desexen pode solicitar unha visita guiada.
CULTURA
Revelando Voces 2009 leva sete agrupacións musicais aos centros socioculturais
A terceira edición do programa Revelando Voces levará aos centros socioculturais da cidade a sete novas agrupacións musicais. Serán en total 12 concertos, nos que se poderán escoitar diferentes propostas sonoras en pequeno formato.
TURISMO
Turismo rehabilitará os tramos máis importantes do Camiño cara ao Ano Santo
Coa vista posta no ano 2010, a Concellería de Promoción Económica e Turismo vai acometer a rehabilitazión e sinalización do Camiño de Santiago a través de tres proxectos, cun orzamento total dun millón de euros. As actuacións a desenvolver son a rehabilitación e sinalización dos Camiños de Santiago Francés e a Fisterra e a integración paisaxística do Camiño no entorno da N-634. Os tres proxectos empregarán a 23 persoas e estarán rematadas a finais de 2009.
XUVENTUDE
Comeza o "MúsicaXove´09" coa primeira final de grupos de música metal
A segunda edición do Certame MúsicaXove, organizado pola Concellaría de Xuventude, comeza o xoves 16 de abril coa primeira final. Actuarán os tres grupos na modalidade de metal: Soño Eterno, The Weak Force e The Codename, todos procedentes de Santiago. A Sala Capitol abrirá o despacho de billetes ás 21:30 horas para que todos os que queiran asistir ao concerto poidan recoller a súa entrada de balde.